Rafinha, premio Xogador Estrella Galicia do mes de xaneiro

Rafinha Alcántara recibiu este mércores na sala de prensa da Madroa o premio ao Xogador Estrela Galicia do mes de xaneiro. O centrocampista celeste obtivo o 45% dos votos emitidos pola afección celtista a través das redes sociais do club, seguido por Okay cun 35% dos votos e de Fran Beltrán cun 20%. O brasileiro, … Continuación

A afección celeste poderá ver o partido ante o Real Madrid en A Sede

O RC Celta afronta este domingo ás 21.00 horas un encontro de máxima esixencia ante o Real Madrid. O conxunto celeste, que contará co apoio de centenares de afeccionados nas bancadas do Santiago Bernabéu, busca dar continuidade á vitoria do pasado fin de semana ante o Sevilla. Para que a afección que non puido viaxar … Continuación

ENTREVISTA | Filip Bradarić: “Estou moi feliz polo meu debut co RC Celta”

Ambición, traballo, ledicia... O internacional croata e subcampión do mundo coa súa selección, Filip Bradarić, sentouse cos compañeiros de Celta Media para ofrecer a súa primeira entrevista como xogador celeste.

Real Madrid – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a vinte xogadores para o partido da vixésimo cuarta xornada de LaLiga na que o RC Celta visita ao Real Madrid (domingo 21.00 Santiago Bernabéu). A listaxe completa fórmana: Sergio Álvarez, Araujo, Okay, Denis Suárez, Juan Hernández, Fran Beltrán, Smolov, Iago Aspas, Sisto, Rafinha, Rubén Blanco, Bradarić, … Continuación

Óscar García: “Imos ao Bernabéu con ilusión, con confianza e crendo que podemos gañar”

O adestrador celeste repasa a actualidade do equipo na rolda de prensa previa ao partido do Real Madrid, que se disputará no Santiago Bernabéu, correspondente á X24 de LaLiga.

O RC Celta consegue un meritorio empate ante o Real Madrid (2-2)

O RC Celta conseguiu un meritorio empate este domingo no Santiago Bernabéu ante o Real Madrid (2-2) nun partido no que Santi Mina puxo as táboas nos últimos compases. O Real Madrid tivo a posesión de balón na primeira metade pero foi o RC Celta o que se adiantou no marcador por medio de Smolov, … Continuación

Kevin sofre unha escordadura leve no ligamento lateral externo do seu xeonllo dereito

O empate do RC Celta no Santiago Bernabéu trouxo a mala noticia da lesión de Kevin Vázquez, que tivo que ser substituído na segunda parte. O diagnóstico inicial, á espera de máis probas médicas, apunta a que o lateral destro sofre unha escordadura leve no ligamento lateral externo do seu xeonllo dereito.

Óscar García: “É unha inxección de moral moi grande”

O adestrador do RC Celta analiza o empate 1-1 conseguido no Santiago Bernabéu fronte ao Real Madrid, na X24 de LaLiga, dedicando o punto conseguido a toda a afección celeste. Un partido de gran esforzo colectivo que reforza moito a moral para o importante encontro fronte o Leganés.

Resumo | Real Madrid 2-2 RC Celta

Smolov estreouse como goleador nada máis comezar o partido, o Real Madrid logrou dar a volta ao marcador e no minuto 85 apareceron Denis Suárez e Santi Mina para rescatar un punto no Bernabéu de maneira maxistral. Gran partido de todo o equipo.

Kevin Vázquez, entre tres e catro semanas de baixa

A resonancia magnética realizada polos servizos médicos do RC Celta ao lateral Kevin Vázquez desvela a existencia dunha escordadura de grao II do ligamento lateral externo do xeonllo dereito. O tempo estimado de baixa será de entre tres e catro semanas.