Convocatoria do Celta para o partido ante o Getafe

O Celta visitará mañá, domingo 1 de febreiro ás 18:30 horas, ao Getafe CF. Para esta 22º xornada de Laliga EA Sports, que se disputará no Coliseum, Claudio Giráldez convocou a 24 dos seus xogadores. A lista de convocados formarana Iván Villar (1), Radu (13), Marc Vidal (25), Carl Starfelt (2), Óscar Mingueza (3), Joseph Aidoo … Continuación

O Celta medirase ao PAOK nos dezaseisavos de final da Europa League

Tras o empate logrado ante o Estrela Vermella no último encontro da fase de grupos da Europa League, o Celta xa coñece ao seu rival para os dezaseisavos de final. Este mediodía, a Casa do Fútbol Europeo en Nyon (Suíza) foi o escenario do sorteo que definía os emparellamentos da seguinte rolda do torneo continental. … Continuación

O Celta pecha a fase de UEL con empate no pequeno Maracaná | Crvena Zvezda 1‑1 Celta

O Celta asinou un empate ante o Crvena Zvezda en Belgrado nun partido que non condicionaba a súa clasificación, xa asegurada para a seguinte rolda da UEFA Europa League, pero que serviu para medir a súa solidez nun escenario esixente e cun ambiente hostil. O conxunto celeste rozou a vitoria tras un esforzo serio e … Continuación

Fer López: “Estou moi contento de estar de volta en casa”

Fer López foi presentado en rolda de prensa tras facerse oficial o seu regreso ao Celta ata final de tempada. O canteirán, visiblemente emocionado, atendeu a todas as cuestións dos medios de comunicación acompañado de Marco Garcés, director de Fútbol, e de Sergio Álvarez, conselleiro da entidade celeste. "Quería volver porque é aquí onde son … Continuación

O Celta reforza o seu plantel co regreso de Fer López

O Celta e o Wolverhampton Wanderers FC alcanzaron un acordo para a cesión de Fer López ata final de tempada. O dianteiro volve así a Vigo para reforzar ao conxunto celeste nesta segunda volta da competición ligueira e afrontar o ilusionante reto europeo tras a recente clasificación para os dezaseisavos de final da Europa League. … Continuación

Williot Swedberg, MVP Estrella Galicia do mes de decembro

O celtismo elixiu a Williot Swedberg como MVP Estrella Galicia do mes de decembro, un recoñecemento que premia o excelente rendemento do atacante sueco e que resalta os valores de esforzo e inconformismo que comparten a icónica cervexa de Hijos de Rivera co Celta. Poderiamos dicir que decembro foi un mes case redondo para Williot … Continuación

Auténtica loita de titáns en Anoeta | Real Sociedade 3-1 Celta

O Celta marchouse de Anoeta sen puntos tras unha auténtica loita de titáns baixo o diluvio donostiarra. Primeira derrota celeste neste 2026 nun partido moi competitivo e cun desenvolvemento moito máis equilibrado do que reflicte o resultado final. Arrincaba a primeira parte e Bryan Zaragoza avisaba tan só 30 segundos despois cun lanzamento que se … Continuación

Convocatoria do Celta para o partido ante a Real Sociedade

O Celta visitará mañá, domingo 25 de xaneiro ás 18:30 horas, á Real Sociedade. Para esta 21º xornada de Laliga EA Sports, que se disputará no Estadio de Anoeta, Claudio Giráldez convocou a 24 dos seus xogadores. A lista de convocados formarana Iván Villar (1), Radu (13), Marc Vidal (25), Carl Starfelt (2), Óscar Mingueza (3), … Continuación

Unai Núñez xogará cedido no Valencia CF ata final de tempada

Unai Núñez pasa do Hellas Verona ao Valencia CF e xogará cedido no conxunto che ata o final da tempada. O central biscaíno chegou a Vigo no verán de 2022 e, durante dúas campañas, defendeu o escudo celeste con profesionalidade e compromiso. Nese período, Unai acumulou preto de 6.500 minutos en 76 partidos oficiais, repartidos … Continuación

O Celta segue navegando cara a novos portos europeos

O Celta avanza á seguinte fase da UEFA Europa League. Con a vitoria fronte ao Lille, o equipo segue vivo en competición europea e celebra un triunfo que vai máis alá do marcador, que fala de ambición e do que representan estes cores e este escudo. Belgrado aínda asoma no horizonte, pero o club enorgullécese … Continuación