Óscar García: “Imos coa mentalidade positiva de poder sacar os tres puntos”

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, atende aos medios de comunicación na sala de prensa o día antes de medirse ao Getafe CF no Coliseum Alfonso Pérez (sábado 7, 21:00).

Kevin recibe a alta médica e Juan Hernández estará dúas semanas de baixa

O lateral Kevin Vázquez recibiu este venres a alta médica tras completar con total normalidade o adestramento e estará a disposición do adestrador Óscar García de face ao importante encontro ante o Xetafe. Doutra banda, as probas médicas han confirmado que Juan Hernández sofre unha rotura fibrilar de grao I no aductor medio da súa … Continuación

Getafe – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a vinte xogadores para o partido da vixésimo sétima xornada de LaLiga na que o RC Celta visita ao Getafe (sábado, 21:00, Coliseum Alfonso Pérez). A lista completa fórmana: Sergio Álvarez, Hugo Mallo, Araujo, Okay, Fran Beltrán, Smolov, Sisto, Rafinha, Rubén Blanco, Bradarić, Olaza, Juncà, Aidoo, G. … Continuación

Empate traballado en Getafe (0-0)

O RC Celta empatou en Getafe (0-0) nun partido no que mostrou a súa melloría defensiva. O equipo de Óscar García mantivo a orde durante os 90 minutos e conseguiu un punto moi traballado. A primeira metade estivo marcada pola igualdade, pero foi o Getafe o que se achegou máis á portaría contraria. Rubén evitou … Continuación

Óscar García: “Non nos imos contentos porque queriamos os tres puntos, pero estamos satisfeitos polo traballo”

O adestrador celeste analiza o empate conseguido ante o Getafe CF no Coliseum Alfonso Pérez, correspondente á X27 de LaLiga. Un partido moi duro e cheo de intensidade no que se logrou un bo resultado ante un rival moi complicado.

Rubén Blanco e Murillo entran no XI ideal de LaLiga Fantasy

O bo facer dos xogadores do RC Celta ante o Getafe segue acaparando recoñecementos. Rubén Blanco e Jeison Murillo foron incluídos no mellor once da xornada 27 de LaLiga Fantasy. A súa brillante actuación, xunto á do resto dos seus compañeiros, foi decisiva para manter a portaría a cero.

Rafinha, premio Xogador Estrella Galicia do mes de febreiro

Rafinha Alcántara recibiu este mércores na Madroa o premio ao Xogador Estrela Galicia do mes de febreiro. O centrocampista celeste obtivo o 45% dos votos emitidos pola afección celtista a través das redes sociais do club, seguido por Murillo cun 30% dos votos e de Iago Aspas cun 25%. O brasileiro, que recibiu o galardón … Continuación

LaLiga suspende as dúas próximas xornadas do campionato

LaLiga informou este xoves que suspende polo menos as dúas próximas xornadas do campionato debido á corentena establecida no Real Madrid e os posibles positivos de COVID-19 en xogadores doutros clubs. Segundo informa o organismo, a decisión será reevaluada tras a finalización das corentenas decretadas nos clubs afectados e doutras posibles situacións que puidesen darse. … Continuación

Óscar García: “É moito máis importante a saúde das persoas que o fútbol”

O adestrador celeste Óscar García analiza a situación extraordinaria provocada pola alerta sanitaria, que levou á suspensión do campionato de Primeira División e dos adestramentos do RC Celta: "É moito máis importante a saúde das persoas que o fútbol".

Rubén Blanco, no “Team of the Week” do FIFA 20 Ultimate Team

O sensacional partido de Rubén Blanco a pasada xornada ante o Getafe, onde as súas intervencións foron clave para que o RC Celta sumase un vital punto a domicilio, permitiu ao porteiro do RC Celta entrar o "Team of de Week" da FIFA 20 Ultimate Team. O canteirán celeste ha recibido unha caixa co xogo … Continuación