Dr. Cota: “Se non se realiza unha mini pretempada, o risco de lesións vai aumentar moito”

Juan José García Cota, xefe dos servizos médicos do RC Celta e director da Clínica RC Celta, analiza as consecuencias que pode traer o parón da competición provocado polo "coronavirus", O galeno celeste explica as instrucións que levaron todos os integrantes do primeiro plantel para minimizar calquera risco de contaxio e opina sobre como debería … Continuación

Kevin Vázquez representará ao RC Celta na #LaLigaSantanderChallenge

Kevin Vázquez será o representante do RC Celta no torneo de #LaLigaSantanderChallenge do videoxogo FIFA20. O canteirán celeste debutará este venres ás 19.30 horas ante Lucas Pérez, xogador do Deportivo Alavés. Todos os partidos poden verse gratuitamente a través da canle de Twitch de Ibai Llanos, unha plataforma para ver vídeos en streaming utilizada especialmente … Continuación

Jeison Murillo: “Creo moitísimo neste equipo e na afección”

O internacional colombiano contesta as preguntas de CeltaMedia desde a súa casa debido á situación provocada polo COVID-19. Adaptación ao equipo e á cidade, como vive esta etapa de confinamento... Jeison fala disto e moito máis nesta entrevista.

Óscar García: Estou moi contento e orgulloso de ser adestrador do RC Celta

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, responde a distancia as preguntas enviadas polos diferentes medios de comunicación. Como se comunican cos xogadores, cales están a ser os métodos de traballo... O técnico fala sobre os cambios cos que se adaptaron á situación actual de confinamento debido á alerta sanitaria, enviando unha mensaxe final a … Continuación

Denis Suárez convértese en community manager do club!

Na situación actual, na que o confinamento nas nosas casas convértese na forma máis responsable de non exporse ao COVID-19, as redes sociais xogan un papel moi importante para manterse ao día do que sucede no mundo e unha maneira moi útil de entreterse. Deste xeito, o xogador de Salceda converteuse durante un día enteiro … Continuación

Iago Aspas lembra ‘A Nosa Reconquista’ no seu primeiro aniversario

"Con ese partido a afección creu coma cremos nós". Iago Aspas lembra a épica remontada ante o Villarreal da tempada 2018/19 no seu primeiro aniversario, vitoria coa que se iniciou a xa lendaria "A Nosa Reconquista". NOTA: esta entrevista foi realizada antes do inicio da alerta.

Smolov responde as preguntas da afección!

O dianteiro internacional ruso contestou algunhas das cuestións publicadas polo celtismo a través das diferentes redes sociais do club, co hashtag #AskSmolov. Como leva a etapa de confinamento en casa, a súa adaptación ao equipo, gustos persoais... O xogador celeste respondeu a todo.

Chamadas de afouteza: os xogadores chaman aos abonados máis veteranos

Desde hai uns días os xogadores celestes están a chamar aos nosos abonados de maior antigüidade para saber como viven o confinamento debido á alerta sanitaria do COVID-19.

Araujo: “Boto de menos o día a día cos compañeiros”

O internacional mexicano contesta as preguntas de CeltaMedia desde a súa casa debido á situación provocada polo COVID-19. Como está a vivir o confinamento na súa casa, grandes experiencias na súa carreira, México... O central celeste fala de moitos temas nesta entrevista.

Entrevista a distancia con Rubén Martínez, analista do primeiro equipo

A súa experiencia como futbolista, os seus comezos como preparador de porteiros, o seu traballo de analista con Óscar García... Rubén Martínez fálanos desde a distancia sobre a súa traxectoria e sobre cal é o papel do analista no mundo do fútbol actual, facendo un balance do que foi a súa experiencia como celeste até … Continuación