Ao recibimento por parte da afección e a 'festa' con empanada, chocolate e bebida gratuíta na Bancada Siareiros, súmaselle unha nova iniciativa para potenciar ao máximo o ambiente no vital partido ante o Eibar deste domingo. O RC Celta ofrecerá entradas a 5 euros para os abonados, un máximo de dous por carné, co obxectivo … Continuación
O RC Celta non puido pasar do empate ante a SD Eibar (0-0) nun encontro no que foi claro dominador e no que só a falta de puntaría impediu que o tres puntos quedasen no ABANCA Balaídos. O equipo celeste fíxose co control de balón desde o primeiro minuto e acumulou numerosas chegadas de perigo … Continuación
O gardameta celeste Rubén Blanco atende a Celta Media despois do punto sumado en Abanca Balaídos (0-0) ante a SD Eibar. Os goles non chegaron, pero a actitude e entrega dos xogadores foi notable: "Estamos sacando o xogo que queremos. Este é o camiño que temos que seguir".
Filip Bradaric, novo centrocampista celeste e segunda fichaxe invernal do RC Celta tras a incorporación de Jeison Murillo, presentouse oficialmente ante os medios de comunicación no Salón Rexio da Sede. O internacional croata, que formou parte da convocatoria de Óscar García ante o Eibar, estivo acompañado na súa posta de longo como futbolista céltico polo … Continuación
LaLiga comunicou os horarios correspondentes á xornada 25 de LaLiga, na que o RC Celta enfrentarase ao CD Leganés. Os celestes recibirán ao equipo madrileño en ABANCA Balaídos o sábado 22 de febreiro ás 13.00 horas e Movistar LaLiga retransmitirá o encontro en directo.
Contrastada capacidade goleadora, impactante cifra de asistencias, experiencia, talento... O RC Celta reforza a súa liña de ataque con Fedor Smolov, estrela do Krasnodar ao que se mediu o conxunto vigués na Europa League e un dos referentes no actual Lokomotiv de Moscova. O internacional ruso chega ao club celeste, a falta da pertinente revisión … Continuación
"Estamos moi contentos de ter o apoio da afección en Valencia. O mínimo que piden é que demos o máximo e iso é o que imos facer". O adestrador celeste Óscar García atendeu aos medios de comunicación en sala de prensa antes do importante duelo ante a Valencia en Mestalla (sábado, 18:30).
O novo xogador do RC Celta, Fedor Smolov, pasou este venres con éxito o recoñecemento médico na Clínica RC Celta. As probas estiveron supervisadas polos servizos médicos do club coa colaboración dos cardiólogos Juan Carlos Arias, María Basalo e Vilar, do Servizo de Cardioloxía do Hospital Povisa. Acto seguido, o xogador asinou o seu novo … Continuación