O internacional danés senta con Celta Media para ofrecer unha entrevista moi sincera na que repasa a actualidade do equipo e o seu gran estado de forma persoal.
LaLiga deu a coñecer os horarios da vixésimo oitava xornada de Primeira División na que o RC Celta enfrontarase ao Villarreal. O encontro ante o conxunto amarelo celebrarase en ABANCA Balaídos o vindeiro sábado 14 de marzo ás 21.00 horas e será retransmitido por Movistar LaLiga
O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a vinte xogadores para o partido da vixésimo quinta xornada de LaLiga na que o RC Celta recibe ao CD Leganés (sábado 13.00 ABANCA Balaídos). A lista completa fórmana: Sergio Álvarez, Hugo Mallo, Araujo, Okay, Denis, Fran Beltrán, Smolov, Iago Aspas, Sisto, Rafinha, Rubén Blanco, Bradarić, Olaza, … Continuación
A afección celeste estase envorcando unha vez máis co equipo, que este sábado ás 13.00 horas recibe ao Leganés nun encontro vital na loita pola permanencia. Consciente da inmensa influencia da grada no ánimo dos xogadores, o celtismo acudiu de maneira masiva esta semana ás billeteiras do estadio para arroupar ao equipo neste trascendental choque. … Continuación
Triunfo importantísimo do RC Celta ante o CD Leganés (1-0) nun partido no que os xogadores celestes tiveron que facer un gran esforzo tras a expulsión de Bradaric por parte de Munuera Montero, colexiado que non considerou cartón vermello a entrada de Bale sobre Rafinha por detrás e sen balón hai unha semana. O partido … Continuación
RC Celta e afección están a demostrar que camiñando xuntos non existen os imposibles. Esa unión conseguiu encadear grandes resultados nas últimas xornadas ante Sevilla, Real Madrid e Leganés. Este sábado o conxunto celeste afronta un duro encontro ante a Granada co obxectivo de seguir escalando posicións na clasificación. O club pon desde este mércores … Continuación
O central celeste atende aos medios de comunicación días antes do partido de LaLiga ante o Granada CF, club no que militou durante dúas tempadas (sábado 29, 21:00, Los Cármenes).