Óscar García: “Cada punto pode ser decisivo”

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, atende aos medios de comunicación na previa do importante partido de LaLiga no estadio Nuevo Los Cármenes ante o Granada CF (sábado, 21:00).

Granada – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a vinteún xogadores para o partido da vixésimo sexta xornada de LaLiga na que o RC Celta visita ao Granada (sábado, 21:00, Los Cármenes). A listaxe completa fórmana: Sergio Álvarez, Hugo Mallo, Araujo, Okay, Juan Hernández, Fran Beltrán, Smolov, Iago Aspas, Sisto, Rafinha, Rubén Blanco, Olaza, Sáenz, … Continuación

O RC Celta consegue un traballado empate en Granada (0-0)

O RC Celta sumou un punto en Granada (0-0) e acumula o seu cuarto partido consecutivo sen coñecer a derrota. Os de Óscar García mostraron a súa fortaleza defensiva e entrega ante un duro rival. Na primeira metade apenas houbo ocasións de gol. Ambos equipos tentaron facerse co dominio do balón e a maior parte … Continuación

Óscar García: “Queriamos gañar, pero creo que o máis xusto foi o empate”

Declaracións do adestrador celeste ao termo do Granada CF - RC Celta, nas que admite que, pese saír a polos tres puntos, o empate foi un resultado xusto para ambos conxuntos. Un punto valioso nun campo complicado. Seguiremos loitando a próxima xornada contra o Getafe CF no Coliseum Alfonso Pérez.

Resultados de partidos de A Canteira

[document url=”https://www.rccelta.es/wp-content/uploads/2020/03/resultados-partidos-canteira-030320.pdf” width=”1200″]

Rubén Blanco: “Temos que igualar ao Getafe en intensidade”

O porteiro celeste Rubén Blanco comparece na sala de prensa antes do partido de LaLiga contra o Getafe (sábado, 21:00, Coliseum Alfonso Pérez).

Óscar García: “Imos coa mentalidade positiva de poder sacar os tres puntos”

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, atende aos medios de comunicación na sala de prensa o día antes de medirse ao Getafe CF no Coliseum Alfonso Pérez (sábado 7, 21:00).

Kevin recibe a alta médica e Juan Hernández estará dúas semanas de baixa

O lateral Kevin Vázquez recibiu este venres a alta médica tras completar con total normalidade o adestramento e estará a disposición do adestrador Óscar García de face ao importante encontro ante o Xetafe. Doutra banda, as probas médicas han confirmado que Juan Hernández sofre unha rotura fibrilar de grao I no aductor medio da súa … Continuación

Getafe – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a vinte xogadores para o partido da vixésimo sétima xornada de LaLiga na que o RC Celta visita ao Getafe (sábado, 21:00, Coliseum Alfonso Pérez). A lista completa fórmana: Sergio Álvarez, Hugo Mallo, Araujo, Okay, Fran Beltrán, Smolov, Sisto, Rafinha, Rubén Blanco, Bradarić, Olaza, Juncà, Aidoo, G. … Continuación

Empate traballado en Getafe (0-0)

O RC Celta empatou en Getafe (0-0) nun partido no que mostrou a súa melloría defensiva. O equipo de Óscar García mantivo a orde durante os 90 minutos e conseguiu un punto moi traballado. A primeira metade estivo marcada pola igualdade, pero foi o Getafe o que se achegou máis á portaría contraria. Rubén evitou … Continuación