Rubén Blanco sofre unha lesión muscular na súa perna dereita

Rubén Blanco sufriu unha lesión muscular durante o partido ante o Atlético de Madrid. O porteiro celeste danouse nun golpe de balón e as primeiras exploracións apuntan a unha probable rotura muscular no recto anterior da súa coxa dereita. Nas próximas horas realizaránselle probas médicas para determinar o alcance exacto da lesión.

O porteiro celeste Rubén Blanco, entre catro e cinco meses de baixa

O porteiro do RC Celta Rubén Blanco sufriu no partido do pasado martes ante o Atlético de Madrid o arrincamento completo do tendón directo do recto femoral dereito. Esta lesión requirirá tratamento quirúrxico, que será realizado nos próximos días polo xefe dos servizos médicos do club Juan José García Cota. O tempo estimado de baixa … Continuación

O RC Celta xa coñece os horarios das dúas últimas xornadas de LaLiga

LaLiga deu a coñecer os horarios das dúas últimas xornadas do campionato. O RC Celta recibirá ao Levante o xoves 16 de xullo ás 21.00 horas e visitará ao RCD Espanyol o domingo 19 de xullo tamén ás 21.00 horas. Ambas xornadas terán horario unificado.

Osasuna – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a vinte e cinco xogadores para o partido da trixésimo sexta xornada de LaLiga na que o RC Celta visita ao Osasuna (sábado 17.00, O Sadar). A listaxe completa fórmana: Hugo Mallo, Nolito, Araujo, Okay, Juan Hernández, Fran Beltrán, Smolov, Iago Aspas, Sisto, Rafinha, Bradaric, Olaza, Sáenz, … Continuación

Ao RC Celta escápaselle o empate no desconto (2-1)

O RC Celta perdeu no campo de Osasuna (2-1) nun igualado encontro no que os celestes se adiantaron no marcador e viron como se lles escapaba o empate no tempo de desconto. O partido púxose de cara nos primeiros minutos cun gol de Santi Mina tras unha triangulación entre Rafinha e Aspas. Con todo, pouco … Continuación

Rubén Blanco, operado de xeito satisfactorio polo doutor García Cota

O porteiro do RC Celta Rubén Blanco foi operado esta mañá no Hospital Fremap de Vigo polo xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota, quen precisou que foi unha cirurxía sen complicacións na que se comprobou o arrincamento completo do tendón do recto femoral. Indicou que na operación se reinsertou o tendón … Continuación

Smolov sofre un edema no adutor da súa perna dereita

As probas médicas realizadas ao dianteiro Fedor Smolov determinaron que o futbolista ruso sofre un edema no adutor da súa perna dereita. O futbolista xa se atopa baixo tratamento e a súa evolución marcará a súa dispoñibilidade nos dous últimos encontros.

Juncà: «O Celta é moi bo club, non mo pensei cando xurdiu a oportunidade e vir»

O lateral zurdo celeste David Juncà foi presentado esta mañá no Salón Regio de A Sede polo vicepresidente Ricardo Barros e o director deportivo, Felipe Miñambres nun acto no que o defensor, terceiro reforzo do conxunto céltico, afirmou que “o Celta é un moi bo club, leva anos facendo as cousas ben, por iso digo … Continuación

Daniel Wass, traspasado ao Valencia CF

O RC Celta e o Valencia CF alcanzaron hoxe un acordo para o traspaso dos dereitos federativos do centrocampista Daniel Wass. O club quere expresarlle a Wass o seu agradecimiento polo seu esforzo e traballo durante a súa etapa no Celta.  

Segundo día de probas médicas na Clínica RC Celta

Un segundo grupo de xogadores do primeiro equipo acudiu este martes á Clínica RC Celta de A Sede para realizar as pertinentes probas médicas. Nesta ocasión acudiron ás instalacións celestes os futbolistas Sergio, Rubén, Jozabed, Fontàs, Hugo Mallo, Juncà, Lobotka, Beauvue e Mazán; quen realizaron analíticas, estudos cardiolóxicos e probas de resistencia. Os tests médicos … Continuación