Iago Aspas suple a Diego Costa na convocatoria de Luis Enrique

A RFEF comunicou este luns que Iago Aspas substituirá na convocatoria da Selección Española a Diego Costa, baixa por motivos personais. O de Moaña, que nun principio non fora incluído por Luís Enrique na súa lista de seleccionados, suma así a súa novena convocatoria consecutiva coa selección absoluta de España.

Seis internacionais celestes na Data FIFA de setembro

Iago Aspas (España), Okay (Turquía), Lobotka e Mazán (Eslovaquia), Brais Méndez (España Sub-21) e Jensen (Dinamarca Sub-21), son o seis internacionais que o RC Celta porta en Data FIFA deste mes de setembro. Esta lista de futbolistas celestes podería ser máis ampla coa inclusión do uruguaio Maxi Gómez e o danés Pione Sisto, ambos os … Continuación

Maxi Gómez elixe o seu quinteto ideal

Iago Aspas: «Sempre me propoño metas altas»

Juan Hernández, cedido no Cádiz, lesiónase gravemente

O atacante celeste Juan Hernández, cedido esta tempada ao Cádiz CF, sufriu unha lesión grave durante un adestramento do conxunto andaluz. O futbolista sofre unha rotura do ligamento cruzado anterior e do menisco interno do seu xeonllo esquerdo, polo que deberá pasar por quirófano e o seu tempo de baixa oscilará entre o seis e … Continuación

A enfermaría do primeiro equipo vacíase

David Juncà e Mathias Jensen, os dous últimos futbolistas celestes que continuaban de baixa por lesión, recibiron este martes a alta médica. Ambos os xogadores arrastraban roturas fibrilares de baixo grao, o primeiro no bíceps femoral dereito e o segundo no esquerdo, lesións das que xa están totalmente recuperados. Juncà está a exercitarse con normalidade … Continuación

Sergio: «Sentimos a enerxía positiva da afección»

Robert Mazán, titular no triunfo de Eslovaquia ante Dinamarca

O defensa celeste Robert Mazán foi titular e disputou o noventa minutos con Eslovaquia na vitoria por 3 a 0 ante Dinamarca. Outro céltico, Stanislav Lobotka, estivo no banco do combinado eslovaco.

O RC Celta xa coñece o horario da súa visita ao Sánchez-Pizjuán

LaLiga comunicou os horarios correspondentes á xornada 8 de LaLiga, na que o RC Celta visita o campo do  Sevilla FC. Os celestes xogarán no Sánchez-Pizjuán o domingo 7 de outubro ás 18:30 e beIN Sports LaLiga retransmitirá o encontro en directo. var widgetRF_1536224719626=new pym.Parent("WidgetRF_multiwidget_1536224719626","https://es.besoccer.com/scripts/widgets?type=multiwidget&competition=1&hidden_title=1&season=2019&style=celtavigo",{});

A Sub-21 clasifícase ao próximo Europeo no debut do céltico Brais Méndez

O centrocampista celeste Brais Méndez debutou coa Selección Española Sub-21 na vitoria por 3 a 0 ante Albania que asegurou a clasificación do combinado nacional ao próximo Europeo. Brais accedeu ao terreo de xogo no minuto 79 en substitución de Carlos Soler.