Convocatoria RC Celta – Villarreal CF

O adestrador do RC Celta, Eduardo Coudet, convocou a 22 xogadores para o partido da décimo oitava xornada de LaLiga na que o RC Celta recibe ao Villarreal (venres, 21.00, Abanca Balaídos). A listaxe completa fórmana: Iván Villar, Hugo Mallo, Araújo, Okay, Denis Suárez, Fran Beltrán, Nolito, Emre Mor, Rubén Blanco, Olaza, Aidoo, Aarón Martín, … Continuación

Dura eliminación de Copa do Rei en Ibiza (5-2)

O RC Celta caeu eliminado na segunda rolda da Copa do Rei 2020/21 ante unha UD Ibiza moi sólida. Os locais, cómodos no céspede artificial, encarrilaron o partido enseguida, na primeira media hora de partido, con dous tantos de Sergio Castel e un de Javi Pérez. O conxunto ibicenco dominou o xogo ante un Celta … Continuación

Convocatoria UD Ibiza – RC Celta

O adestrador do RC Celta, Eduardo Coudet, convocou a 21 xogadores para o partido da segunda rolda da Copa do Rei no que o RC Celta xoga contra a UD Ibiza (martes, 17:00, Estadi Municipal de Can Misses). A listaxe completa fórmana: Iván Villar, Araújo, Okay, Aarón, Denis Suárez, Beltrán, Emre Mor, Rubén Blanco, Tapia, … Continuación

Determinado o alcance das lesións de Iago Aspas e Nolito

Os servizos médicos do RC Celta realizaron esta tarde a Iago Aspas e Nolito senllas ecografías para determinar o alcance das lesións musculares que sufriron no partido do pasado sábado ante o Real Madrid. No caso de Iago Aspas, a proba desvela a existencia dunha rotura fibrilar distal no bíceps femoral da súa perna dereita, … Continuación

Iago Aspas e Nolito sofren lesións musculares

Malas noticias para o RC Celta. Iago Aspas tívose que retirar lesionado ao comezo da segunda metade do encontro ante o Real Madrid. O canteirán celeste sofre unha probable rotura fibrilar nos isquiotibiais da súa perna dereita. Pola súa banda, Nolito tamén sofre unha lesión muscular producida no encontro de hoxe. Ambos serán sometidos a … Continuación

O RC Celta cae ante a pegada do Real Madrid (2-0)

O RC Celta perdeu ante o Real Madrid (2-0) no que é a primeira derrota do conxunto de Eduardo Coudet en mes e medio. Os vigueses plantaron cara pero sucumbiron ante a pegada do club madrileño. A primeira metade comezou cunha gran ocasión de Iago Aspas que sacou a defensa branca case baixo paus. Na … Continuación

Real Madrid – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Eduardo Coudet, convocou a 22 xogadores para o partido da decimoséptima xornada de LaLiga na que o RC Celta visita ao Real Madrid (sábado, 21.00, Valdebebas). A lista completa fórmana: Iván Villar, Hugo Mallo, Araújo, Okay, Denis Suárez, Fran Beltrán, Nolito, Iago Aspas, Rubén Blanco, Renato Tapia, Olaza, Aidoo, Santi … Continuación

O RC Celta comeza o ano visitando ao Real Madrid

O fútbol non para e apenas tres días despois de vencer á SD Huesca en Abanca Balaídos, o RC Celta visita este sábado ao Real Madrid. Os dous equipos máis en forma do último mes enfrontaranse en Valdebebas a partir das 21.00.

Iago Aspas, rei de LaLiga: máximo goleador e asistente do campionato en solitario

Poderiamos pór aquí todos os cualificativos sobre Iago Aspas e, ademais de estarnos a repetir, estariamos a quedar moi curtos. Ningún outro futbolista de LaLiga pode igualar os seus números no que levamos de campionato, o que mostra ben ás claras o nivel futbolístico do xogador de Moaña. Iago Aspas despide o 2020 como o … Continuación

Vitoria para pechar o ano cun inmellorable sabor de boca (2-1)

O RC Celta pechou este 2020 cunha traballada vitoria ante a SD Huesca (2-1) que lle permite seguir na zona alta da clasificación e coa que acumula xa 7 partidos sen coñecer a derrota. A climatoloxía, adversa na tarde de hoxe, provocou que o xogo non fose fluído na primeira parte, aínda que foi o … Continuación