Parte médico de Williot Swedberg

Despois da lesión sufrida no nocello esquerdo coa súa selección nacional, Suecia sub-21, o xogador do Celta, Williot Swedberg, foi sometido no día de onte a unha resonancia magnética no Hospital Ribeira Povisa de Vigo, confirmando o diagnostico de escordadura lateral en nocello esquerdo. Valorarase evolución estes primeiros días para definir período de baixa.

“Xuntos contra o lume”: fútbol e solidariedade abrázanse en Abanca Balaídos

Abanca Balaídos viviu este martes unha noite máxica que quedará gravada na memoria colectiva de Galicia. Baixo o lema “Xuntos contra o lume”, Vigo e Ourense uníronse nun acto cargado de emoción, solidariedade e orgullo compartido, co obxectivo común de reforestar e reconstruír os montes ourensáns arrasados polos incendios deste verán. Máis de 5.000 persoas … Continuación

Radu, Borja, Starfelt e Williot, internacionais celestes no parón FIFA de outubro

Catro futbolistas do primeiro equipo do Celta foron convocados polas súas seleccións para disputar partidos de clasificación para o próximo Mundial e a Eurocopa Sub-21. Trátase de Andrei Radu, Borja Iglesias, Carl Starfelt e Williot Swedberg que se atopan concentrados cos seus respectivos combinados nacionais. A convocatoria de Borja Iglesias coa Selección Española é unha … Continuación

Iago Aspas e Manolo, 533 partidos co Celta

Manolo e Iago. Iago e Manolo. Dous nomes que xa forman parte inseparable da historia do Celta. Dúas xeracións distintas, dúas formas de entender o fútbol, un mesmo sentimento cara ao club da súa vida. Da nosa vida. Esta fin de semana, no partido ante o Atlético de Madrid en Abanca Balaídos, Iago Aspas alcanzou … Continuación

Hugo Álvarez: “Espero que o celtismo nos acompañe e axudar o máximo posible”

Este mércores, o fútbol e a solidariedade daranse a man en Abanca Balaídos coa celebración do partido benéfico “Xuntos Contra o Lume”, que enfrontará ao Celta cunha Selección de Ourense. Un encontro cun claro obxectivo, recadar fondos para a reforestación das zonas afectadas polos incendios que arrasaron Galicia este verán. Un dos xogadores que saltará … Continuación

Convocatoria do Celta para o partido “Xuntos contra o lume”

O Celta afronta con ilusión o encontro ante o Ourense de “Xuntos contra o lume”, un partido moi especial no que a canteira celeste e galega terá un papel protagonista. O corpo técnico elaborou unha convocatoria con forte presenza de xogadores do filial e numerosos futbolistas galegos, reflexo do compromiso do club coa súa formación … Continuación

Borja Iglesias convocado coa Selección Española

Borja Iglesias regresa á absoluta. O dianteiro do Celta foi convocado por Luis de la Fuente para disputar os próximos partidos de clasificación para o Mundial 2026 fronte a Georgia e Bulgaria. A concentración de La Roja dará comezo este luns 6 de outubro ás 20:00 horas na Ciudad del Fútbol de Las Rozas. O … Continuación

Puerto de Vega, primeiro rival do Celta en Copa del Rey

O Celta xa coñece ao seu primeiro rival da presente Copa del Rey. Este mediodía, a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) levou a cabo, na Ciudad Deportiva de Las Rozas, o sorteo dos emparellamentos para a primeira rolda da competición e o azar determinou que os celestes se medirán ante o Puerto de Vega … Continuación

O Celta suma un punto ante o Atlético nunha noite histórica para Iago Aspas

Abanca Balaídos gardou un emotivo minuto de silencio en memoria do socio número 3 do Celta antes do inicio do encontro. Con ese respecto aínda no ambiente, comezou un partido que rematou cun reparto de puntos entre o Celta e o Atlético de Madrid (1-1) na oitava xornada de LALIGA EA SPORTS. O equipo celeste … Continuación

Iago Aspas iguala a Manolo como o xogador con máis partidos oficiais na historia do Celta

Iago Aspas continúa escribindo con letras douradas o seu nome na historia do Celta. Coa súa participación no encontro ante o Atlético de Madrid, “O Rei das Bateas” alcanzou os 533 partidos oficiais defendendo a camiseta celeste, igualando así o récord que durante máis de 40 anos mantivo Manolo, “O Gran Capitán”. Aspas e Manolo, … Continuación