Un gran Celta empata sobre a bucina tras dominar ao Villarreal (1-1)

O Celta sumou o seu terceiro empate consecutivo da tempada, pero está vez sufrindo a chamada inxustiza do fútbol xa que os de Claudio Giráldez mostráronse moi superiores ante un Villarreal que quedou sen opcións en Abanca Balaídos. Con nove xogadores con pasado no Celta Fortuna plantábase o conxunto celeste sobre o terreo de xogo … Continuación

Descubre o calendario completo do Celta para a UEFA Europa League

O Celta xa coñece o calendario completo dos primeiros rivais aos que se enfrontará na Europa League. Esta mesma tarde, a UEFA deu a coñecer as datas dos partidos desta fase da competición. Tras anunciar o pasado venres aos seus opoñentes; Lille, Dinamo Zagreb, PAOK, Estrella Roja, OGC Niza, Ludogorets, Bolonia e Stuttgart; o Celta … Continuación

Convocatoria do Celta para o partido ante o Villarreal CF

O Celta recibirá mañá, domingo 31 de agosto ás 17:00 horas, ao Villarreal CF. Para esta terceira xornada de Laliga EA Sports, que se disputará en Abanca Balaídos, Claudio Giráldez convocou a 25 dos seus xogadores. A lista de convocados formarana Iván Villar (1), Radu (13), Marc Vidal (25), Óscar Mingueza (3), Sergio Carreira (5), Ilaix … Continuación

Coñece os rivais do Celta para a UEFA Europa League 25/26!

Oito anos despois, o celtismo volve emocionarse coa música das grandes noites de fútbol, coas viaxes, con ese cosquilleo que só Europa sabe provocar. O que o pasado 24 de maio parecía un soño, esta mañá fíxose realidade no sorteo celebrado no Grimaldi Forum de Mónaco, ao dar a coñecer o nome dos 8 rivais … Continuación

O Celta perdoa e o Betis sobrevive | Celta 1-1 Betis

Abanca Balaídos acolleu o segundo partido da tempada na casa, correspondente á xornada 6 pero adiantado por compromisos europeos, que amosou a mellor versión dun Celta que tivo que conformarse cun empate (1-1) malia ser superior durante boa parte dos 90 minutos. Dende o inicio, os locais tomaron o control do encontro. O Betis comezou … Continuación

A xeración Fernández, un legado que fai historia no Celta

Esta pasada fin de semana ante o RCD Mallorca, Manu Fernández debutou oficialmente co primeiro equipo do Celta, completando así unha particular triloxía familiar. Neto de Manuel Fernández Amado e fillo de Manel Fernández Anidos, Manu é a terceira xeración que defende o escudo do Celta en primeira división, un feito sen precedentes na historia … Continuación

Convocatoria do Celta para o partido ante o Real Betis

O Celta recibirá mañá, mércores 27 de agosto ás 21:00 horas, ao Real Betis Balompé en Abanca Balaídos. Para esta adiantada 6º xornada de Laliga EA Sports, por motivo do calendario da UEFA, Claudio Giráldez convocou a 25 dos seus xogadores. A lista de convocados formarana Iván Villar (1), Radu (13), Marc Vidal (25), Óscar Mingueza … Continuación

O Celta celebra o seu aniversario cun empate en Son Moix (1-1)

O Celta levou un punto de Son Moix no día do seu 102 aniversario cun equipo ben plantado e que deixou moi boas sensacións sobre o terreo de xogo. Era un día moi especial para todo o club e así o demostraron os xogadores nada máis saltar ao terreo de xogo. Claudio Giráldez apostaba ante … Continuación

Convocatoria do Celta para o partido ante o RCD Mallorca

O Celta visitará mañá, sábado 23 de agosto, ás 17:00h, ao RCD Mallorca. Para esta segunda xornada de LALIGA EA SPORTS, que se disputará no Estadio Son Moix, Claudio Giráldez convocou a 24 dos seus xogadores. A lista de convocados formarana Iván Villar (1), Radu (13), Marc Vidal (25), Óscar Mingueza (3), Sergio Carreira (5), Ilaix … Continuación

Carlos Domínguez: “Poder representar á miña cidade en Europa é unha ilusión enorme”

Carlos Domínguez atende ás cuestións dos medios de comunicación tras renovar co Celta ata 2028. O canteirán, que chegou ás categorías inferiores do club con tan só 12 anos, mostrou a súa alegría ao poder continuar defendendo o escudo celeste, "é o soño de toda unha vida que se fixo realidade". Ademais, recalca a ilusión … Continuación