Unai Núñez xogará cedido no Hellas Verona a próxima tempada

O Celta e o Hellas Verona alcanzaron un acordo para a cesión con opción de compra do defensa Unai Núñez que xogará a tempada 2025/26 no conxunto italiano. O central biscaíño chegou ao Celta no verán de 2022 e, durante dúas tempadas, defendeu con profesionalidade e entrega o escudo celeste. Nese período acumulou preto de … Continuación

Convocatoria do Celta para os amigables ante o Stuttgart e o Grasshopper

O Celta continúa coa súa preparación para a nova tempada e afrontará nos próximos días dous novos compromisos amigables. O primeiro deles será mañá, sábado 26 de xullo, ás 15:30 horas, fronte ao Stuttgart no Stadion Kreuzeiche (Alemaña). Posteriormente, o equipo viaxará a Suíza para medirse ao Grasshopper o vindeiro martes 29 de xullo, ás … Continuación

Manu Sánchez xogará cedido no Levante UD

O Celta e o Levante UD chegaron a un acordo para a cesión con opción de compra de Manu Sánchez. O lateral madrileño afrontará un novo reto co equipo granota, que esta tempada competirá na Primeira División. Manu chegou a Vigo no verán de 2023 procedente do Atlético de Madrid. Na súa primeira tempada no … Continuación

Sergio Carreira: “Esta é a miña casa e a miña familia”

Sergio Carreira compareceu ante os medios tras oficializarse a súa renovación co Celta ata 2029. A do canteirán é unha das continuidades máis solicitadas tanto no vestiario como entre a afección, un agarimo que Sergio quixo agradecer afirmando que "esta é a miña casa e a miña familia". Ante unha tempada que afronta completamente asentado … Continuación

Paso firme do Celta na súa posta a punto (2-0)

A Cidade Deportiva Afouteza volveu ser escenario dun amigable desta pretemporada 25/26 recibindo ao CD Nacional de Madeira antes de que o equipo inicie este sábado o seu stage en Alemaña e Suíza, un encontro no que os de Claudio Giráldez dominaron con claridade e empezan a mostrar a identidade que busca o técnico celeste. … Continuación

O Celta mellora sensacións ante o SC Braga (3-1)

O Celta segue acumulando minutos de rodaxe nesta pretemporada 2025/26 e aínda que os resultados non acompañan, si que melloran as sensacións. O partido ante o SC Braga tivo dous tempos moi diferentes nos que puidemos ver a un Celta que foi de menos a máis. Os primeiros 45 minutos estiveron dominados polo conxunto local … Continuación

Ferran Jutglà: “Queremos manter a ilusión da afección e seguir crecendo”

Ferran Jutglà foi presentado como novo xogador do Celta nunha comparecencia de prensa na que estivo acompañado por Marco Garcés, director de Fútbol do club; e José Amoedo, conselleiro celeste. O dianteiro catalán falou da súa chegada a un equipo que o acolleu de marabilla desde o primeiro día e tamén quixo destacar a gran unión … Continuación

Derrota no primeiro test da pretempada | Celta 0-2 Famalicão

O Celta abriu a pretempada 25/26 cunha derrota por 0-2 ante o FC Famalicão na Cidade Deportiva Afouteza. Foi un encontro típico destas datas, con rotacións, ritmo irregular e minutos para moitos xogadores. Na primeira metade, Radu salvou ao equipo no minuto 17; e Aspas e Jutglà intentaron adiantar aos celestes sen fortuna. Porén, foi … Continuación

Convocatoria do Celta para o amigable ante o SC Braga

O Celta xogará mañá, sábado 19 de xullo ás 21:00 horas, o segundo amigable da pretemporada ante o SC Braga. Para este encontro, que se disputará no Estàdio Municipal de Braga, Claudio Giráldez convocou a 24 xogadores. A lista formarana Iván Villar (1), Radu (13), Marc Vidal (25), Carl Starfelt (2), Óscar Mingueza (3), Sergio … Continuación

Radu: “É unha honra xogar no Celta”

Andrei Radu foi presentado oficialmente como novo porteiro do Celta nunha rolda de prensa onde mostrou o seu entusiasmo por incorporarse ao club celeste. O internacional romanés asegurou que "xogar no Celta é unha honra" e destacou o gran ambiente do vestiario, algo que sentiu desde a súa chegada. Radu tamén transmitiu a súa ilusión por … Continuación