Óscar: “Temos que igualar a ilusión e actitude do Azagresa”

"Temos que afrontar a eliminatoria coa mesma paixón que eles, coma se fose un partido de Primeira División". O RC Celta medirase ao CDP Azagresa, da Terceira División, na primeira rolda da Copa do Rei.

Rubén Blanco sofre unha escordadura no ligamento lateral interno do seu xeonllo esquerdo

Rubén Blanco sufriu unha escordadura no ligamento lateral interno do seu xeonllo esquerdo durante o adestramento deste martes pola tarde. O porteiro iniciará de inmediato a súa recuperación e o tempo de baixa dependerá da súa evolución.

Regresan os internacionais do RC Celta

Os catro futbolistas do RC Celta que estiveron concentrados coas súas respectivas seleccións durante o parón internacional xa disputaron todos os seus compromisos. O centrocampista Okay Yokuslu disputou os 90 minutos no empate ante Islandia que certificou a clasificación de Turquía para a próxima Eurocopa mentres que descansou no encontro ante Andorra. Pola súa banda, … Continuación

Rubén Blanco estará entre dúas e tres semanas de baixa

A resonancia magnética realizada polos servizos médicos do RC Celta a Rubén Blanco confirma o diagnóstico inicial. O porteiro celeste, lesionado o pasado martes durante o adestramento sofre unha escordadura de grao I-II de ligamento lateral interno do seu xeonllo esquerdo. O tempo de baixa estimado será dunhas dúas ou tres semanas.

O RC Celta xogará a primeira rolda da Copa o xoves 19 de decembro

A RFEF comunicou a lista de dezaseis partidos da primeira rolda da Copa do Rei que serán televisados, entre os que se atopa o encontro do RC Celta no campo do CDP Azagresa, conxunto navarro de Terceira División. O horario da eliminatoria será comunicado nos próximos días.

Como coida a alimentación un equipo de fútbol?

O Dr. Federico Mallo descúbrenos o importante labor do nutricionista no deporte de elite.

Kevin Vázquez e Santi Mina reciben a alta médica

Boas noticias no parte médico celeste. Kevin Vázquez e Santi Mina recibiron este venres a alta médica tras completar sen problemas o adestramento xunto ao resto dos seus compañeiros e ambos estarán a disposición de Óscar García para o encontro ante o Villarreal. Pola súa banda, Beauvue, Rafinha, Juncà e Rubén Blanco continúan cos seus … Continuación

Lobotka: “Teño boas sensacións para o próximo partido”

O centrocampista celeste comparece na sala de prensa da Madroa antes do partido de LaLiga contra o Villarreal (domingo, 18:30, La Cerámica).

Villarreal – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a vinteún xogadores para o partido da décimocuarta xornada de LaLiga na que o RC Celta visita ao Villarreal (domingo, 18.30, A Cerámica). A lista completa fórmana: Sergio Álvarez, Hugo Mallo, Costas, Araujo, Okay, Denis Suárez, Juan Hernández, Fran Beltrán, Iago Aspas, Sisto, Lobotka, Olaza, Sáenz, Aidoo, … Continuación

Óscar García: “O traballo e competir moi ben é o que nos fará saír desta situación”

O técnico do RC Celta, Óscar García, repasa a situación do equipo antes do partido fronte ao Villarreal CF no estadio de La Cerámica, correspondente á Xornada 14 de LaLiga.