RC Celta – RCD Mallorca: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a dezaoito xogadores para o partido da decimoséptima xornada de LaLiga na que o RC Celta recibe ao RCD Mallorca (domingo, 14.00 horas, ABANCA Balaídos). A listaxe completa fórmana: Hugo Mallo, Costas, Araujo, Okay, Juan Hernández, Fran Beltrán, Iago Aspas, Sisto, Rafinha, Rubén Blanco, Lobotka, Olaza, Aidoo, … Continuación

O Mallorca sae vivo ante un RC Celta moi superior (2-2)

O RC Celta empatou este domingo ante o Mallorca (2-2) nun encontro no que foi claro dominador de principio a fin. Rafinha e Aspas adiantaron por dúas veces ao conxunto celeste, que viu como os visitantes igualaron o partido sen apenas crear ocasións. Os de Óscar García saíron moi enchufados ao terreo de xogo e … Continuación

Óscar García: “Hoxe marcouse o camiño que quero como equipo”

Óscar García comparece na sala de prensa de Abanca Balaídos tras o empate 2-2 ante o RCD Mallorca.

Rafinha entra no 11 ideal de LaLiga Fantasy

Rafinha Alcántara foi incluído no mellor once da xornada 17 de LaLiga Fantasy tras o seu fantástico encontro ante o RCD Mallorca. O centrocampista brasileiro anotou o primeiro gol do partido e foi o segundo xogador da competición con máis puntos esta semana.

Sergio Álvarez, intervido de maneira satisfactoria polo doutor García Cota

O porteiro do RC Celta Sergio Álvarez foi intervido esta tarde de maneira satisfactoria no Hospital Fremap de Vigo polo xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota, quen lle realizou unha artroscopia para tratar a lesión no menisco externo do xeonllo esquerdo que o canteirán celeste sufriu días atrás. Sergio recibirá o … Continuación

Pione Sisto cumpriu 100 partidos co RC Celta en Primeira División

Pione Sisto cumpriu o pasado domingo ante o RCD Mallorca cen partidos co RC Celta en Primeira División. O extremo danés chegou ao club en 2016 e xa acumula 11 goles e 14 asistencias coa camiseta celeste na máxima categoría do fútbol nacional. Ademais, participou nunha decena de encontros da Copa do Rei e noutro … Continuación

CD Peña Azagresa – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a dezanove xogadores para o partido da Copa de SM o Rei na que o RC Celta visita ao CD Peña Azagresa (xoves, 19.00 horas, La Planilla). A listaxe completa fórmana: Hugo Mallo, Costas, Juan Hernández, Fran Beltrán, Iago Aspas, Sisto, Rubén Blanco, Sáenz, Aidoo, G. Gernández, … Continuación

Roger García: “Se competimos ao máximo estaremos preto da vitoria”

O segundo adestrador do RC Celta atendeu en sala de prensa aos medios de comunicación na previa do primeiro partido de Copa do Rei da tempada ante a Peña Azagresa (xoves 19 de decembro, 19:00, La Planilla).

ENTREVISTA | Juan Hernández é de Primeira!

O atacante celeste Juan Hernández debutou na máxima categoría do fútbol español ante o Mallorca, un merecido premio que lle chegou tras superar unha recuperación de lesión de xeonllo de máis dun ano de duración.

Juan Hernández impulsa ao RC Celta na Copa (0-2)

O RC Celta accedeu este xoves á segunda rolda da Copa de SM o Rei tras superar á CD Peña Azagresa (0-2) en Calahorra. Un dobrete de Juan Hernández serviu aos celestes para levar un partido no que debutou o canteirán Sergio Carreira co primeiro equipo. O equipo celeste dominou de principio a fin a … Continuación