Rafinha permanecerá unhas dúas semanas de baixa
O centrocampista Rafinha Alcántara estará unhas dúas semanas de baixa por unha rotura fibrilar de grao I no sóleo da súa perna esquerda. O xogador celeste lesionouse durante o adestramento deste luns na Madroa. Doutra banda, David Costas, David Juncà, Okay Yokuslu e Juan Hernández continúan cos seus respectivos procesos de recuperación.