O centrocampista celeste Fran Beltrán fai balance do empate 1-1 ante o Osasuna en Abanca Balaídos, último partido da primeira volta da tempada 2019/20.
O Mérida será o rival do RC Celta nos 1/32 de final da Copa de SM o Rei tras superar a La Nucía este mércores na quenda de penaltis. O partido disputarase o domingo 12 de xaneiro ás 16.00 horas no Estadio Romano e será retransmitido por DAZN.
LaLiga deu a coñecer este xoves os horarios da xornada 23 na que o RC Celta recibirá ao Sevilla FC. O conxunto hispalense visitará o estadio ABANCA Balaídos o vindeiro domingo 9 de febreiro ás 18.30 horas e o partido será retransmitido por Movistar LaLiga.
Moi boas noticias no parte médico celeste. Denis Suárez e Sergio Álvarez completaron con total normalidade o adestramento deste venres xunto ao resto dos seus compañeiros e recibiron a alta médica. O centrocampista sufrira un pinzamiento no seu nocello dereito o pasado 30 de decembro mentres que o porteiro sufriu a rotura do menisco externo … Continuación
O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a dezanove xogadores para o partido dos 1/32 de final da Copa de SM o Rei na que o RC Celta visita ao Mérida AD (domingo, 16.00 horas, Estadio Romano). A listaxe completa fórmana: Sergio, Hugo Mallo, Costas, Araujo, Okay, Denis Suárez, Juan Hernández, Fran Beltrán, Iago … Continuación
Triunfo contundente do RC Celta na súa visita ao Estadio Romano do Mérida AD (1-4). O equipo vigués xogou moi concentrado todo o encontro e clasificouse para os 1/16 de final da Copa de SM o Rei grazas aos goles de Santi Mina por partida dobre, Pione Sisto e Brais Méndez. A primeira metade foi … Continuación
A eliminatoria de Copa de SM o Rei ante o Mérida AD trouxo malas noticias no parte médico do RC Celta. O central Néstor Araujo tivo que retirarse no tramo final do encontro tras sufrir molestias no seu xeonllo. O primeiro diagnóstico, á espera de máis probas médicas, sinala que o mexicano sofre unha escordadura … Continuación
O RC Celta xa coñece o seu rival nos dezaseisavos de final da Copa do Rei. O sorteo celebrado esta mañá ás 13 horas deparou o enfrontamento co Club Deportivo Mirandés, de Segunda División. O encontro disputarase o xoves 23 de xaneiro ás 19:00 no Estadio Municipal de Anduva. DAZN, servizo de streaming, retransmitirá a … Continuación
Os xogadores do primeiro equipo sometéronse este mércores a unha completa analítica na Clínica RC Celta en A Sede. Os resultados deste exhaustivo control permitirán aos servizos médicos do club avaliar o estado físico actual do plantel de face á última parte da tempada, que se presenta moi esixente. As probas incluíron análises de sangue e ouriños, … Continuación