O RC Celta sumou un importante punto en San Mamés (1-1). Os celestes adiantáronse cun gran gol de Rafinha, pero o Athletic Club logrou a igualada nun partido que estivo cheo de intensidade e ocasións para ambos conxuntos.
O RC Celta xa sabe cando visitará ao Real Madrid no Santiago Bernabéu. LaLiga confirmou os horarios correspondentes á xornada 24, na que se programou o enfrontamento entre celestes e merengues para o domingo 16 de febreiro ás 21:00 horas. A canle Movistar LaLiga.
O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a vinte xogadores para o partido dos 1/16 de final da Copa do Rei na que o RC Celta visita ao CD Mirandés (xoves, 19.00 horas, Anduva). A listaxe completa fórmana: Sergio, Hugo Mallo, Araujo, Denis Suárez, Juan Hernández, Fran Beltrán, Iago Aspas, Sisto, Rafinha, Rubén Blanco, … Continuación
O canteirán José Fontán debutou este xoves en partido oficial co RC Celta. O futbolista do filial saíu de titular no partido dos 1/16 da Copa da Súa Maxestade o Rei ante o CD Mirandés.
O RC Celta quedou eliminado da Copa de SM o Rei ante o CD Mirandés tras recibir un gol na segunda parte da prórroga. Os xogadores celestes tiveron ocasións para levar a eliminatoria pero o equipo local tivo máis efectividade na área. A primeira metade estivo marcada pola igualdade. Ambos equipos tentaron adaptarse ao mal … Continuación
Partido transcendental. O RC Celta necesita a vitoria este domingo ante a SD Eibar por múltiples motivos, e todos e cada un de enorme peso. Triunfo para adquirir confianza, liberar presión, recortar distancias, e non perdelas, cun rival directo, avanzar na táboa, avivar a esperanza, recuperar o ánimo... Só é posible da man da afección, … Continuación
O RC Celta inunda de solidez, consistencia e calidade o seu centro do campo coa incorporación, cedido até final de tempada con opción de compra, do pivote internacional croata Filip Bradarić, pertencente ao Cagliari e procedente do Hajduk Split. Bradarić (Split, Croacia, 11 de xaneiro de 1992) posúe unha dilatada experiencia na liga croata, onde … Continuación
O central celeste David Costas xogará cedido, cunha opción de compra, na UD Almería até final da tempada 2019/20 tras o acordo alcanzado por ambos clubs e o xogador nas últimas horas. O RC Celta deséxalle o maior dos éxitos durante esta cesión.