Iago Aspas, un capitán cunha pegada interminable

Iago Aspas continúa agrandando a súa lenda. O eterno capitán do RC Celta sumou unha nova xesta ante o Atlético de Madrid ao anotar no Riyadh Air Metropolitano o seu gol número 162, un tanto co que o de Moaña deixou a súa marca en 28 dos 30 estadios nos que xogou como visitante. Desde … Continuación

O Celta suma un punto na súa visita ao Metropolitano (1-1)

O RC Celta sumou un punto na súa visita ao Metropolitano fronte ao Atlético de Madrid, un empate a uns que se fraguou grazas a un penalti convertido por Iago Aspas para os celestes e un gol de Sorloth para os colchoneiros tras un encontro no que os locais xogaron con 10 durante 85 minutos. … Continuación

Convocatoria do RC Celta para o partido ante o Atlético de Madrid

O RC Celta visitará mañá, sábado 15 de febreiro, ás 18:30h, ao Atlético de Madrid. Para esta xornada número 24 de LALIGA EA SPORTS, que se disputará no Estadio Riyadh Air Metropolitano, Claudio Giráldez convocou a 24 dos seus xogadores. A lista de convocados formarana Iván Villar (1), Vicente Guaita (13), Coke (35), Carl Starfelt (2), … Continuación

Pablo Durán, MVP Estrella Galicia por segundo mes consecutivo

Pablo Durán gaña o seu segundo premio Estrella Galicia de maneira consecutiva. O canteirán foi elixido polos afeccionados celestes como o mellor futbolista do RC Celta do mes de xaneiro tras impoñerse na fase final da votación a Ilaix Moriba e a Carl Starfelt. "Moi contento polo recoñecemento da afección, oxalá sigamos nesta dinámica", declarou … Continuación

Remontada heroica do RC Celta ante o Real Betis en Abanca Balaídos (3-2)

O RC Celta volveu á senda da vitoria nunha tarde na que se aferrou á épica para lograr unha remontada memorable ante o Real Betis Balompié. O conxunto de Claudio Giráldez pasou da frustración á éxtase, asinando a súa primeira vitoria ligueira deste 2025 en Abanca Balaídos. O encontro arrincou cun Celta un tanto esvaecido … Continuación

Iago Aspas, dispoñible para o Celta-Betis

Iago Aspas recibe o alta un mes despois tras a rotura fibrilar do sóleo esquerdo que sufriu o pasado 5 de xaneiro no partido de Copa del Rey ante o Real Racing Club de Santander. Tras varias semanas de recuperación, o capitán celeste estará dispoñible para o próximo choque ante o Real Betis Balompié, que … Continuación

Os dorsais do RC Celta para a segunda volta da tempada 24/25

Unha vez finalizado o mercado de fichaxes e co plantel do RC Celta pechado, esta é a lista de dorsais do primeiro equipo para a segunda volta da tempada 2024/25: 1. Iván Villar 2. Carl Starfelt 3. Óscar Mingueza 4. Hugo Sotelo 5. Sergio Carreira 6. Ilaix Moriba 7. Borja Iglesias 8. Fran Beltrán 10. … Continuación

Convocatoria do RC Celta para o partido ante o Real Betis

O RC Celta recibirá mañá, sábado 8 de febreiro, ás 14:00h, ao Real Betis Balompié. Para esta xornada número 23 de LALIGA EA SPORTS, que se disputará en Abanca Balaídos, Claudio Giráldez convocou a 24 dos seus xogadores. A lista de convocados formarana Iván Villar (1), Vicente Guaita (13), Marc Vidal (26), Óscar Mingueza (3), Hugo Sotelo … Continuación

Tasos Douvikas inicia unha nova etapa deportiva no Como

O RC Celta e o Como 1907 acordaron o traspaso do dianteiro, Tasos Douvikas. O internacional coa Selección Grega inicia así unha nova etapa na súa traxectoria deportiva no conxunto italiano que milita na Serie A. Tasos únese ao Como tras chegar á cidade olívica en agosto de 2023 procedente do FC Utrecht. En total … Continuación

Hugo Álvarez, o novo 23 do RC Celta

Hugo Álvarez continúa crecendo no RC Celta e alcanza un novo fito: o salto definitivo ao primeiro equipo co dorsal 23. Desde que ingresou na canteira do club sendo tan só un neno, o extremo da excepcional xeración do 2003 experimentou unha progresión constante que hoxe lle permite vestir este dorsal para o que resta … Continuación