Sofiane Boufal recibe a alta médica

O internacional marroquí Sofiane Boufal recibiu a alta médica este xoves tras adestrar con normalidade co resto dos seus compañeiros. O atacante sufría unha escordadura no nocello dereito do que xa está totalmente recuperado. Por outra banda, Mathias Jensen, fichaxe máis recente do RC Celta, arrastra unha rotura fibrilar no bíceps femoral esquerdo que xa … Continuación

O RC Celta lucirá outras cinco tempadas un brazalete enchoupado de celtismo: #HugoMallo2023

O RC Celta lucirá moitos anos máis un brazalete empapado de celtismo, de honestidade e de paixón. O capitán, o canteirán, Hugo Mallo selou esta tarde a súa continuidade no seu club para as próximas cinco tempadas e deste xeito abre a porta a agrandar unha historia de amor a unhas cores que comezou cando … Continuación

RC Celta-Mainz 05: listaxe de convocados

O adestrador do RC Celta, Antonio Mohamed, convocou a vinte xogadores de cara ao XXIII Trofeo Memorial Quinocho ante o Mainz 05 (sábado, 19:30, ABANCA Balaídos), incluido o dianteiro do filial Dennis Eckert. A listaxe completa fórmana: Sergio, Iván Villar, Hugo Mallo, Kevin, Cabral, David Costas, Néstor Araujo, Mazán, Juncà, Lobotka, Fran Beltrán, Jozabed, Brais … Continuación

Este sábado, todos ao estadio ás 18:50 horas para vivir a presentación do RC Celta

O RC Celta recibe este sábado ás 19.30 horas en ABANCA Balaídos ao Mainz 05 nun partido, correspondente ao Memorial Quinocho, que atesoura diversos incentivos para o celtismo. Para vivilos e participar en todos eles, o club insta á afección a que acuda ao estadio antes das 18.50 horas. A partir desa hora comezará a … Continuación

Hugo Mallo: «O meu soño dende pequeno era xogar no Celta».

Emotiva homenaxe sorpresa a Hugo Mallo na previa do Memorial Quinocho

O RC Celta e o celtismo aproveitaron a previa do Trofeo Memorial Quinocho para ofrecer unha homenaxe sorpresa ao capitán celeste Hugo Mallo, quen recentemente renovou o seu contrato co club vigués ata 2023. O tributo comezou coa proxección dun emocionante vídeo nos videomarcadores do estadio, no que se repasaban algúns dos momentos craves na … Continuación

Un mal segundo tempo condena a un prometedor RC Celta no Memorial Quinocho (1-2)

O XXIII Trofeo Memorial Quinocho estivo cheo de emocións. Á tradicional homenaxe ao eterno xogador e xerente Joaquín Fernández Santomé 'Quinocho' en forma de partido, engadiuse a presentación oficial do primeiro equipo e das categorías inferiores e un tributo sorpresa a Hugo Mallo. O capitán celeste, que recentemente renovou co RC Celta ata 2023, recibiu … Continuación

Juncà retirouse lesionado do partido ante o Mainz 05

Juncà retirouse con molestias do partido amigable ante o Mainz 05 no ABANCA Balaídos. O defensa catalán podería sufrir unha rotura fibrilar no bíceps femoral dereito e o luns realizaranse probas médicas para coñecer o alcance da lesión.

Hugo Mallo: «O equipo chega ben ao primeiro partido de LaLiga»

window.fbAsyncInit = function() { FB.init({ xfbml : true, version : ‘v2.5’ }); }; (function(d, s, id){ var js, fjs = d.getElementsByTagName(s)[0]; if (d.getElementById(id)) {return;} js = d.createElement(s); js.id = id; js.src = “//connect.facebook.net/en_US/sdk.js”; fjs.parentNode.insertBefore(js, fjs); }(document, ‘script’, ‘facebook-jssdk’));

Juncà, baixa entre dúas e tres semanas por unha rotura fibrilar de grao I

A ecografía realizada a David Juncà confirmou que o defensa celeste sofre unha rotura fibrilar de grao I no bíceps femoral dereito. Os servizos médicos estiman que o xogador causará baixa entre dúas e tres semanas, segundo evolución. Máis novedades no parte médico Rubén Blanco, Okay e Maxi Gómez progresan na súa recuperación e xa están … Continuación