Levante – RC Celta: plan de viaxe

O primeiro equipo desprázase este domingo a Valencia para xogar a segunda xornada de LaLiga ante o Levante UD o luns 27 de agosto ás 20:15 horas no Ciutat de València (TV: beIN LaLiga Sports). Domingo 26 de agosto 18:30 - Saída do aeroporto de Vigo con destino Valencia. 19:50 - Chegada ao aeroporto de … Continuación

Levante – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Antonio Mohamed, convocou a dezanove futbolistas de cara á segunda xornada de LaLiga 2018/19. O RC Celta visita ao Levante UD este luns 27 de agosto ás 20:15 no estadio Ciutat de València. A listaxe completa fórmana Sergio, Hugo Mallo, David Costas, Araujo, Okay, Emre Mor, Beltrán, Maxi Gómez, Iago … Continuación

Un Celta sólido e brillante suma unha gran vitoria ante o Levante

O Celta sumou a súa primeira vitoria da tempada ante o Levante nun partido no que defendeu con solvencia e atacou de xeito brillante. Sisto e Maxi anotaron os tantos celestes na primeira metade e Morales recortou de penalti no tramo final do choque. Debutou Okay no imponente triunfo céltico. Tras un arranque con gran … Continuación

Seiscentas vitorias en Primeira División

O RC Celta alcanzou a súa vitoria número seiscentos en Primeira División tras 1.737 partidos na categoría de ouro do fútbol español. O triunfo por 1-2 no Ciutat de València ante o Levante, con goles de Pione Sisto e Maxi Gómez, permitiu aos celestes alcanzar esta cifra redonda. Actualmente o RC Celta é o undécimo … Continuación

O inicio do RC Celta-Atlético retrásase ás 18:30

LaLiga comunicou este martes a modificación do horario correspondente ao partido da xornada 3 entre RC Celta e Atlético de Madrid no estadio ABANCA Balaídos. O encontro, programado inicialmente para as 16:15, comezará finalmente ás 18:30, un cambio motivado pola previsión de temperaturas.

Cabral: «Manexar a pelota está no ADN do Celta»

window.fbAsyncInit = function() { FB.init({ xfbml : true, version : ‘v2.5’ }); }; (function(d, s, id){ var js, fjs = d.getElementsByTagName(s)[0]; if (d.getElementById(id)) {return;} js = d.createElement(s); js.id = id; js.src = “//connect.facebook.net/en_US/sdk.js”; fjs.parentNode.insertBefore(js, fjs); }(document, ‘script’, ‘facebook-jssdk’));

Pione Sisto, xogador máis valioso da segunda xornada de LaLiga

O excelente rendemento de Pione Sisto no partido ante o Levante, no que anotou un gol e deu unha asistencia, valéronlle para ser incluído no once ideal de LaLiga e ser designado MVP (xogador máis valioso). A celeste forma na mellor aliñación da segunda xornada do campionato xunto a Vaclik (Sevilla), Hermoso (Espanyol), Bruno (Getafe), … Continuación

Jensen e Mor comezan a exercitarse co grupo

Mathias Jensen comezou a adestrar de maneira limitada co grupo este xoves. O centrocampista danés arrastra unha rotura fibrilar no bíceps femoral esquerdo desde a súa chegada a Vigo, lesión da que xa case está recuperado, polo que se espera que reciba o alta de maneira inminente. Tamén se reincorporou ao grupo Emre Mor tras … Continuación

Sisto: «Non existe o fracaso se tés a actitude correcta».

Beauvue xogará cedido no Caen da Ligue 1 francesa

Claudio Beauvue xogará a tempada 2018/19 cedido no SM Caen tras o acordo alcanzado entre o RC Celta e o club galo. O RC Celta desexa a Beauvue toda a sorte e o maior dos éxitos durante a súa etapa no equipo de Líguea 1 de Francia.