Ao RC Celta escápaselle o empate no desconto (2-1)

O RC Celta perdeu no campo de Osasuna (2-1) nun igualado encontro no que os celestes se adiantaron no marcador e viron como se lles escapaba o empate no tempo de desconto. O partido púxose de cara nos primeiros minutos cun gol de Santi Mina tras unha triangulación entre Rafinha e Aspas. Con todo, pouco … Continuación

Rubén Blanco, operado de xeito satisfactorio polo doutor García Cota

O porteiro do RC Celta Rubén Blanco foi operado esta mañá no Hospital Fremap de Vigo polo xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota, quen precisou que foi unha cirurxía sen complicacións na que se comprobou o arrincamento completo do tendón do recto femoral. Indicou que na operación se reinsertou o tendón … Continuación

Smolov sofre un edema no adutor da súa perna dereita

As probas médicas realizadas ao dianteiro Fedor Smolov determinaron que o futbolista ruso sofre un edema no adutor da súa perna dereita. O futbolista xa se atopa baixo tratamento e a súa evolución marcará a súa dispoñibilidade nos dous últimos encontros.

Sergio Álvarez asina a súa renovación co RC Celta

O porteiro Sergio Álvarez selou no Salón Rexio de A Sede a súa renovación co RC Celta por unha tempada máis. O porteiro de Catoira, que se atopa recuperándose dunha lesión de xeonllo, seguirá ligado á entidade celeste até xuño de 2021. O canteirán acumula unha dilatada traxectoria no RC Celta, co que suma 186 … Continuación

O canteirán Brais Méndez amplía o seu contrato ata 2024

O centrocampista Brais Méndez será xogador celeste ata o ano 2024. O canteirán de Mos, ao que restaba un ano de contrato, selou a súa renovación en A Sede xunto ao presidente Carlos Mouriño. Brais Méndez (Mos, 1997) debutou en partido oficial co primeiro equipo o 21 de setembro de 2017 ante o Getafe. O … Continuación

O RC Celta completa o seu corpo técnico co preparador físico Quique Sanz

O RC Celta enriquece o seu proxecto deportivo coa chegada ao primeiro equipo do preparador físico Quique Sanz. Cunha ampla traxectoria ás súas costas, o novo membro do corpo técnico chega ao conxunto celeste tras unha etapa no fútbol mexicano. Quique Sanz, ademais, coñece de primeira man o traballo de Óscar García, con quen compartiu … Continuación

O RC Celta inicia a pretempada o vindeiro mércores na Madroa con 30 xogadores

O RC Celta regresa ao traballo o vindeiro mércores a partir das 18.00 horas despois de tres semanas de vacacións. Os xogadores celestes poranse ás ordes do adestrador Óscar García coa vista posta xa na tempada 2020/2021. O equipo exercitarase sobre o céspede da Madroa cumprindo escrupulosamente os protocolos de seguridade marcados por LaLiga e … Continuación

Os xogadores do primeiro equipo sométense unha completa analítica na Clínica RC Celta

Coa vista posta na tempada 2020/2021, os xogadores do primeiro equipo sometéronse a unha completa analítica na Clínica RC Celta de A Sede. Os resultados destes exames médicos permitirán aos servizos médicos do club avaliar o estado físico dos futbolistas antes de comezar o traballo na Madroa. CLÍNICA RC CELTA A Clínica RC Celta ofrece … Continuación

Álvaro Vadillo asina o seu contrato como novo xogador do RC Celta

O habilidoso extremo Álvaro Vadillo asinou este luns en A Sede xunto ao presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, o seu novo contrato co conxunto celeste. O novo atacante iniciará este mércores a pretemporada co resto dos seus compañeiros na Madroa. Álvaro Vadillo chega a Vigo procedente do Granada CF, club no que militou as … Continuación

O RC Celta inicia o traballo sobre o céspede na Madroa

O RC Celta comezou este mércores os adestramentos sobre o céspede de A Madroa para preparar a esixente tempada 20/21. Os xogadores dividíronse en grupos de seis atendendo aos protocolos marcados por LaLiga e mesturaron carga física con traballo con balón. Nesta primeira sesión xa estivo sobre o terreo de xogo o novo preparador físico … Continuación