O RC Celta potencia o seu centro do campo coa fichaxe de Miguel Baeza

Calidade, asistencias e goles. O RC Celta reforza o seu centro do campo coa chegada do centrocampista ofensivo Miguel Baeza tras o acordo alcanzado entre o club olívico e o Real Madrid. O novo xogador celeste, internacional Sub-19, porase nas próximas horas ás ordes de Óscar García e o resto do corpo técnico para preparar … Continuación

Miguel Baeza supera o recoñecemento médico e asina o seu contrato co RC Celta

O talentoso centrocampista Miguel Baeza asinou no Salón Rexio de A Sede o seu novo contrato co RC Celta unha vez superou o recoñecemento médico na Clínica RC Celta. O novo xogador celeste xa se puxo ás ordes de Óscar García e o resto do corpo técnico para preparar a esixente tempada 2020/21. Baeza chega … Continuación

O RC Celta finaliza a súa segunda semana de adestramentos cun partidillo

O RC Celta puxo fin este sábado á súa segunda semana de pretemporada cun partidillo de adestramento entre todos os xogadores dispoñibles. O equipo retomará a actividade o vindeiro luns para seguir acumulando traballo físico e con balón de cara á esixente tempada 20/21.

O RC Celta disputará un amigable este mércores ante o Real Oviedo

O RC Celta continúa coa súa preparación de cara á esixente tempada 2020/2021. O equipo de Óscar García disputará este mércores o seu primeiro amigable de pretempada ante o Real Oviedo para chegar nas mellores condicións ao comezo do campionato. O encontro disputarase no estadio ABANCA Balaídos a partir das 18.30 horas e será retransmitido … Continuación

O RC Celta empata ante o Oviedo no primeiro amigable de pretemporada (2-2)

RC Celta e Real Oviedo empataron este mércores en Abanca Balaídos (2-2) no primeiro encontro de pretemporada para o equipo celeste. Adiantáronse os asturianos no marcador tras unha perda do conxunto local e rapidamente chegou o empate tras unha carambola despois dun disparo de Iago Aspas. Emre Mor puxo o 2-1 momentáneo no marcador cun … Continuación

Juan Hernández renova ata 2022 e xogará cedido no Sabadell até final de tempada

Juan Hernández será xogador celeste até o ano 2022 unha vez pechada a súa ampliación de contrato co Real Club Celta. O extremo lorquino xogará cedido no Sabadell ata final de tempada tras o acordo alcanzado co club catalán. O Real Club Celta deséxalle o maior dos éxitos durante a súa cesión no conxunto branquiazul.

O RC Celta comenzará LaLiga ante a SD Eibar

LaLiga e a RFEF deron a coñecer este luns o calendario da próxima tempada. O RC Celta debutará no campionato a próxima semana ante a SD Eibar en Ipurúa. O primeiro partido en Abanca Balaídos será na xornada dúas ante o Valencia.

O RC Celta vence ao CD Lugo no seu segundo partido de pretemporada (2-0)

O RC Celta impúxose ao CD Lugo este mércores en ABANCA Balaídos (2-0) no segundo partido de pretemporada. O equipo de Óscar García foi de menos a máis durante o encontro e tras unha primeira parte igualada mostrou a súa superioridade no segundo tempo. Emre Mor adiantou ao equipo celeste tras unha gran combinación entre … Continuación

Denis Suárez completa o adestramento co grupo e recibe a alta médica

Boas noticias na enfermaría celeste. Denis Suárez, que esta semana se reincorporou aos adestramentos co grupo, completou este xoves a sesión con total normalidade e recibiu a alta médica. O centrocampista estará dispoñible para o inicio de LaLiga.

Pione Sisto xogará no FC Midtjylland a próxima tempada

O RC Celta e o FC Midtjylland alcanzaron un acordo para o traspaso do extremo danés Pione Sisto, que abandona o conxunto celeste despois de catro tempadas. O RC Celta gárdase unha porcentaxe dunha futura venda. Pione Sisto participou en 135 partidos oficiais coa camiseta do RC Celta nos que repartiu 14 asistencias e anotou … Continuación