O RC Celta visitará ao Real Valladolid o próximo domingo ás 18.30

LaLiga deu a coñecer este sábado os horarios da terceira xornada de LaLiga. O RC Celta visitará ao Real Valladolid no estadio de Zorrilla o vindeiro domingo 27 de setembro ás 18.30 horas. O encontro será retransmitido por Movistar LaLiga.

Un gran RC Celta estréase con vitoria en Abanca Balaídos (2-1)

El RC Celta se impuso este sábado ante el Valencia (2-1) en la segunda jornada de LaLiga. Los de Óscar García fueron dominadores durante buena parte del encuentro y ya suman cuatro puntos en la clasificación. La primera mitad fue un monólogo celeste. Los jugadores locales salieron a presionar al rival en campo contrario y … Continuación

Día inesquecible para Gabri Veiga: o canteirán debuta en Primeira con vitoria ante o Valencia

Número redondo para un día inesquecible. O canteirán Gabri Veiga converteuse fai unhas horas no xogador número 500 do RC Celta en debutar en Primeira División. E non foi unha aparición anecdótica ou carente de contido. Entrou no tramo decisivo dun partido aberto, con resultado axustado e ante un rival de gran nivel, o Valencia … Continuación

Iago Aspas consegue o MVP da xornada en LaLiga Fantasy

Chegar e encher. @Oscarmg24 me caes muy bien macho — A L V A R O (@vfl22_) September 20, 2020 A exhibición futbolística de Iago Aspas ante o Valencia segue acaparando recoñecementos. O seu dobrete ante o conxunto que chegaba como líder a Abanca Balaídos valeulle para ser nomeado o MVP da xornada en LaLiga … Continuación

David Juncà sofre unha rotura fibrilar na súa coxa esquerda

Malas novas na enfermaría celeste. As probas médicas ás que foi sometido o lateral David Juncà determinaron que o xogador sofre unha rotura fibrilar no músculo semimembranoso da súa coxa esquerda. O futbolista catalán xa iniciou a súa recuperación e espérase que estea de baixa entre dúas e tres semanas.

Valladolid – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a 23 xogadores para o partido da terceira xornada de LaLiga na que o RC Celta visita ao Valladolid (domingo, 18.30, Valladolid). A lista completa fórmana: Iván Villar, Hugo Mallo, Araújo, Okay, Denis Suárez, Álvaro Vadillo, Fran Beltrán, Nolito, Iago Aspas, Emre Mor, Renato Tapia, Olaza, Aidoo, … Continuación

Un rochoso RC Celta consegue un valioso punto en Valladolid (1-1)

O RC Celta empatou en Valladolid (1-1) nun partido no que Iago Aspas situouse xunto a Hermidita como máximo goleador do club en Primeira División. Os de Óscar García acumulan tres encontros sen perder e sitúanse nos postos altos da clasificación. A primeira metade destacou pola igualdade e o xogo vertical de ambos equipos. A … Continuación

Iago Aspas amplía a súa lenda: xa é o maximo goleador do RC Celta en Primeira División

Iago Aspas segue escribindo o seu nome con letras de ouro na historia do RC Celta. Co seu gol ao Real Valladolid  o canteirán celeste iguala a Hermidita e xa é o máximo goleador do RC Celta en Primeira División. O dianteiro de Moaña suma 104 goles coa camiseta celeste na máxima categoría do fútbol … Continuación

RC Celta – FC Barcelona: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a 23 xogadores para o partido da cuarta xornada de LaLiga na que o RC Celta recibe ao FC Barcelona (xoves, 21.30, Abanca Balaídos). A lista completa fórmana: Iván Villar, Hugo Mallo, Araújo, Okay, Denis Suárez, Álvaro Vadillo, Fran Beltrán, Nolito, Iago Aspas, Emre Mor, Renato Tapia, … Continuación

Kevin Vázquez sofre unha lesión muscular no xemelgo interno da perna esquerda

Malas noticias para o RC Celta. Kevin Vázquez sufriu unha lesión muscular durante o adestramento de hoxe en Abanca Balaídos. O canteirán sofre unha probable rotura fibrilar no xemelgo interno da súa perna esqueda. Realizaránselle probas complementarias nos próximos días para coñecer o alcance exacto da lesión.