A previa de Celta Media: RC Celta – Alavés

O Alavés asalta o fortín do RC Celta (0-1)

O RC Celta non perdía no seu feudo desde decembro de 2017. A derrota reapareceu en ABANCA Balaídos ante un Alavés en estado de graza, un rival que aproveitou unha das súas poucas chegadas a porta para adiantarse no marcador e que, tras marcar, resistiu as arremetidas celestes até o asubío final. A imaxe dos … Continuación

O próximo adestramento, o luns na Madroa

Cambio no plan de traballo do primeiro equipo. O adestramento programado para este sábado cancélase, polo que os xogadores descansarán dous días antes de reiniciar o traballo, o luns 22 de outubro ás 10:30 na Madroa.

Brais Méndez: «O equipo está unido para levantarse»

Beltrán recibe o premio Xogador Estrella Galicia… falando en galego!

Fran Beltrán recolleu este mércores o premio Xogador Estrella Galicia co que a afección lle recoñece como o mellor futbolista celeste do mes de setembro. O centrocampista, oriúndo da provincia de Toledo, sorprendeu a todos os presentes no acto de entrega agradecendo o trofeo cunhas palabras en galego: «Quero dicilo en galego. Grazas a todos … Continuación

O regreso de Mathias Jensen podería retrasarse

Os servizos médicos do RC Celta realizaron un control ecográfico a Mathias Jensen para comprobar a evolución da súa lesión, unha rotura fibrilar sufrida o pasado 5 de outubro durante un adestramento. A proba médica ha evidenciado un proceso de curación activo, aínda que lento con respecto ao previsto. É por iso que o xogador … Continuación

Eckert: «Que os canteiráns vexan que se pode chegar arriba»

RC Celta – Eibar: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Antonio Mohamed, convocou a dezaoito futbolistas para afrontar a décima xornada de LaLiga 2018/19. O RC Celta recibe á SD Eibar este sábado 27 de outubro ás 18:30 no estadio ABANCA Balaídos. A listaxe completa fórmana Sergio, Hugo Mallo, Araujo, Okay, Emre Mor, Beltrán, Iago Aspas, Sisto, Rubén, Lobotka, Juncà, … Continuación

Maxi Gómez e Jensen, baixas por lesión para o partido ante o Eibar

O adestrador celeste Antonio Mohamed comunicou este venres a convocatoria para o partido de LaLiga ante o Eibar (sábado, 18:30, ABANCA Balaídos), unha listaxe que conta coas ausencias de Maxi Gómez e Mathias Jensen por lesión e de Costas, Radoja, Hjulsager e Kevin por decisión técnica.

Antonio Mohamed: «O escudo e a camiseta están por enriba»

El entrenador celeste Antonio Mohamed comparece ante los medios de comunicación en la previa del partido de LaLiga ante la SD Eibar (sábado 27 de octubre, 18:30, ABANCA Balaídos).