Emotiva visita do RC Celta aos nenos do Álvaro Cunqueiro

O RC Celta e a súa Fundación viviron esta mañá un dos actos máis emotivos do ano para ambas entidades. Os xogadores e o corpo técnico do primeiro plantel, acompañados por algúns directivos do club, acudiron á Planta de Pediatría e ás Urxencias do Álvaro Cunqueiro para debuxar un sorriso na cara dos nenos ingresados … Continuación

FC Barcelona – RC Celta: plan de viaxe

O primeiro equipo desprázase este venres a Barcelona para disputar a decimoséptima xornada de LaLiga ante o FC Barcelona (sábado, 18:30, beIN Sports LaLiga). Venres 21 de decembro 16:45 — Saída do aeroporto de Vigo con destino Barcelona. 18:20 — Chegada ao aeroporto de Barcelona e traslado ao Hotel Hesperia Tower Barcelona. Sábado 22 de decembro … Continuación

Jozabed: «Ao Barça sempre puxémosllo difícil»

FC Barcelona – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Miguel Cardoso, convocou a dezaoito xogadores para o partido da decimoséptima xornada de LaLiga, na que o RC Celta visita ao FC Barcelona (sábado, 18.30, Bein Sports LaLiga). A lista completa fórmana Sergio, Hugo Mallo, David Costas, Araujo, Okay, Fran Beltrán, Maxi Gómez, Iago Aspas, Sisto, Rubén, Lobotka, Mazán, Hjulsager, … Continuación

Miguel Cardoso: “Temos ganas de facelo moi ben no Camp Nou”

O adestrador Miguel Cardoso comezou a rolda de prensa cunha mensaxe de solidariedade para a xente do mar de Galicia polos accidentes sufridos esta semana. Xogadores non convocados: Hai futbolista que xogaron máis e outros que xogaron menos, pero iso non significa que no grupo teñan menos status ou traballen peor. O fútbol dáche unha … Continuación

Match Centre | FC Barcelona – RC Celta

var widgetRF_1545491283250=new pym.Parent(“WidgetRF_match_detail_1545491283250″,”https://es.besoccer.com/scripts/widgets?type=match_nav&match=103802&season=2019&tabs=1&style=celtavigo”,{});

O RC Celta cae no Nou Camp ante a pegada do FC Barcelona (2-0)

O RC Celta caeu este sábado ante o FC Barcelona (2-0), que fixo valer a súa pegada nas poucas ocasións que lle concedeu o conxunto celeste. Os de Miguel Cardoso discutiron a posesión ante os azulgranas e gozaron de varias chegadas perigosas que non puideron concretar. O partido arrincou con ambos equipos disputándose o balón. … Continuación

Miguel Cardoso: “Demostramos o equipo que queremos ser”

O adestrador do RC Celta, Miguel Cardoso, lamentou o inicio do partido ante o FC Barcelona, onde os azulgranas conseguiron adiantarse no marcador cun gol de Dembele. "Ao principio buscamos a súa portería moi rápido e iso custounos recibir un gol pronto. A charla do descanso foi moi positiva porque volvemos ao plan inicial e … Continuación

Iago Aspas sofre unha lesión muscular no seu xemelgo dereito

Malas noticias para o RC Celta. Iago Aspas tívose que retirar antes de tempo durante o partido ante o FC Barcelona debido a unha lesión muscular. O canteirán sofre unha probable rotura fibrilar no xemelgo interno da súa perna dereita. Realizaráselle unha ecografía nos próximos días para coñecer o alcance exacto da lesión. Se se … Continuación

O dianteiro celeste Iago Aspas, de catro a cinco semanas de baixa

A ecografía realizada polos servizos médicos do RC Celta ao dianteiro Iago Aspas confirma o diagnóstico inicial e desvela que o canteirán sofre unha rotura de fibras no xemelgo interno da súa perna dereita. O periodo de baixa será de catro a cinco semanas.