RC Celta e Lille acordan a resolución da cesión de Junior Alonso

O RC Celta e o Lille pecharon o acordo para a resolución da cesión do defensa Junior Alonso, quen xa se desvinculó do conxunto celeste. O club quere agradecerlle a Junior o seu exemplar comportamento, a súa profesionalidade e entrega durante a súa etapa no Celta e desexarlle un gran éxito no futuro.

A velocidade do Athletic Club decanta o partido ante o RC Celta (1-2)

O RC Celta comezou o 2019 cunha derrota ante o Athletic Club. O equipo de Miguel Cardoso sufriu os contragolpes do cadro branquivermello, que se adiantou en senllas ocasións en ABANCA Balaídos. Os celestes visitarán este venres o estadio do Raio Vallecano. Comezou o partido con ambos equipos marcando o seu estilo sobre o terreo … Continuación

Miguel Cardoso: “Estivemos lonxe do que fixeramos ata agora”

O adestrador do RC Celta, Miguel Cardoso, catalogou de "xusta" a derrota do RC Celta ante o Athletic Club en ABANCA Balaídos. O técnico portugués lamentou o xogo dos celestes no primeiro partido do ano. "Estivemos lonxe do que fixéramos ata agora. No fútbol e nesta competición os partidos xóganse ao límite e nós estivemos … Continuación

Fran Beltrán estréase como goleador: «Voume con sabor agridoce»

O centrocampista celeste Fran Beltrán estreouse como goleador celeste ante o Athletic Club ao anotar o seu primeiro tanto en Primeira División. A diana do novo futbolista chegou a balón parado, nun saque de esquina botado polo capitán Hugo Mallo que Maxi Gómez peiteou ao segundo pau, onde agardaba Beltrán para empuxala ao fondo da … Continuación

Lobotka cumpriu 50 partidos en Primeira División co RC Celta

O centrocampista Stanislav Lobotka cumpriu este luns 50 partidos en Primeira División co RC Celta. O mediocentro eslovaco disputou todos os encontros do campionato doméstico a pasada tempada, e na actual xa acumula doce participacións. O seu alto nivel coa camiseta celeste levoulle a ser unha peza fundamental na súa selección nacional.

O defensa David Costas, ao redor de seis semanas de baixa

Malas noticias para o RC Celta. O defensa David Costas permanecerá unhas seis semanas de baixa debido a unha rotura fibrilar no recto anterior da súa coxa dereita. A ecografía realizada onte polos servizos médicos do club confirmou o primeiro diagnóstico. O xogador celeste xa se atopa baixo tratamento.

Plan de viaxe: Rayo Vallecano – RC Celta

O primeiro equipo desprázase este xoves a Madrid para xogar a decimonovena xornada de LaLiga ante o Rayo Vallecano (venres, 21:00, beIN Sports LaLiga). Xoves 10 de xaneiro 17:40 – Saída do aeroporto de Vigo con destino Madrid. 18:55 – Chegada ao aeroporto de Madrid e traslado ao Hotel Hesperia Madrid. Venres 11 de xaneiro … Continuación

O RC Celta xa coñece o horario da súa visita a Valladolid

LaLiga comunicou os horarios correspondentes a a xornada 21 de LaLiga, na que o RC Celta visitará ao Real Valladolid. Os celestes xogarán no estadio José Zorrilla o domingo 27 de xaneiro ás 12:00 horas e beIN Sports LaLiga retransmitirá o encontro en directo.

Rayo Vallecano – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Miguel Cardoso, convocou a dezaoito xogadores para o encontro da decimonovena xornada de LaLiga, na que o RC Celta visita ao Rayo Vallecano (viernes, 21.00, Vallecas). A listaxe completa fórmana: Sergio, Hugo Mallo, Araujo, Okay, Emre Mor, Fran Beltrán, Maxi Gómez, Pione Sisto, Rubén, Lobotka, Juncà, Boufal, Kevin, Jozabed, Cabral, … Continuación

Miguel Cardoso: «En Vallecas temos que rescatar a nosa idea de xogo»

Saídas. Todos os xogadores son importantes e contamos con todos. Están a adestrar moi ben e estou moi contento con eles. É normal que algúns que non están a xogar moito queiran facelo con máis asiduidade pero non hai ningunha saída prevista. Mercado de fichaxes. Estamos abertos ao mercado e ás oportunidades que poida haber. … Continuación