Jensen: «A lesión foi dura mentalmente, pero esforceime día tras día»

Mathias Jensen foi titular no último partido de Liga ante o Alavés. O centrocampista danés fala con Celta Media sobre a súa lesión, as súas sensacións no campo e o próximo rival do cadro vigués: a SD Eibar.

SD Eibar – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Miguel Cardoso, convocou a dezaoito xogadores para o partido da vixésimo sexta xornada de LaLiga, na que o RC Celta visita á SD Eibar (domingo, 12:00, Ipurúa). A listaxe completa fórmana: Sergio, Hugo Mallo, Costas, Araujo, Okay Yokuslu, Fran Beltrán, Maxi Gómez, Hoedt, Rubén, Lobotka, Hjulsager Juncà, Jensen, Boufal, Jozabed, … Continuación

Cardoso: «Cada partido debe ser o máis importante das nosas vidas»

O adestrador do primeiro equipo, Miguel Cardoso, comparece na sala de prensa antes do partido de LaLiga en Ipurua ante a SD Eibar (domingo, 12:00 CET, beIN Sports LaLiga).

O RC Celta cae ante a SD Eibar no tramo final (1-0)

O RC Celta caeu coa SD Eibar (1-0) merced a un gol de Sergi Enrich no tramo final. Os celestes tiveron dúas ocasións moi claras na primeira metade que non puideron transformar e terminaron perdendo nos últimos minutos do encontro. A primeira metade estivo marcada polos constantes centros á área lanzados por unha SD Eibar … Continuación

Miguel Cardoso: “Sufrir un gol no tramo final penaliza moito”

O adestrador Miguel Cardoso lamentou o gol da SD Eibar no tramo final que impediu ao RC Celta sumar un punto a domicilio. "Sufrir un gol no tramo final penalízache moito", apuntou o portugués, que destacou o partido do rival. "Hai que darlle mérito á SD Eibar".

O adestrador Miguel Cardoso non seguirá no RC Celta

Miguel Cardoso e o seu corpo técnico non continuarán no RC Celta unha vez acordada a súa desvinculación da entidade. O Real Club Celta quere expresarlle o seu agradecemento, tanto ao adestrador luso como aos seus axudantes Jorge Maciel, Antonio Calado, Nuno Baptista e Francisco Costa pola profesionalidade, dedicación e esforzo que demostraron durante a … Continuación

Fran Escribá, novo adestrador do RC Celta

O técnico Fran Escribá é o novo adestrador do RC Celta unha vez pechado o acordo entre o club e o preparador valenciano. Escriba, que chega a Vigo acompañado polo seu corpo técnico, comezou a súa carreira nos banquillos como segundo adestrador en equipos de renome como Getafe CF, Valencia CF, SL Benfica e Atlético … Continuación

Entradas desde 10 euros para o vital partido ante o Betis

O RC Celta afronta este domingo un partido de gran importancia ante o Real Betis no que os celestes necesitan conseguir o tres puntos para superar a mala racha de resultados e escalar posicións na clasificación. Para poder logralo será necesario o apoio da afección, que para este encontro dispón de entradas a partir de … Continuación

Fran Escribá: «Este é un proxecto e un reto ideais para min»

O RC Celta presentou este luns no Salón Regio de A Sede ao novo adestrador do primeiro equipo, Fran Escribá, que compareceu por primeira vez ante os medios como técnico celeste acompañado polo presidente Carlos Mouriño e o director deportivo Felipe Miñambres. Escribá, que dirixirá este martes ás 10:30 a súa primeira sesión (A Madroa, … Continuación

O RC Celta xa coñece os horarios do seus partido ante Villarreal, Huesca e Real Sociedad

LaLiga comunicou os horarios correspondentes ás xornadas 29, 30 e 31 de LaLiga, na que o RC  Celta enfrontarase a Villarreal, Huesca e Real Sociedad. Os celestes recibirán ao conxunto castellonense o sábado 30 de marzo ás 18:30 horas, visitarán ao equipo aragonés o mércores 3 de abril ás 20.30 horas e recibirán ao conxunto donostiarra o domingo 7 de abril … Continuación