O RC Celta xa coñece o horario do seu partido ante o FC Barcelona

LaLiga comunicou os horarios correspondentes á xornada 36 de LaLiga, na que o RC Celta enfrontarase a o FC Barcelona. Os celestes recibirán ao conxunto catalán o sábado 4 de maio ás 20:45 horas. Movistar Partidazo retransmitirá o encontro en directo.

Atlético de Madrid – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Fran Escribá, convocou a dezaoito xogadores para o partido da trixésimo segunda xornada de LaLiga, na que o RC Celta visita ao Atlético de Madrid (sábado, 18:30, Metropolitano). A listaxe completa fórmana: Sergio, Hugo Mallo, Costas, Araújo, Okay Yokuslu, Emre Mor, Fran Beltrán, Maxi Gómez, Pione Sisto, Rubén, Lobotka, Olaza, … Continuación

Hugo Mallo, presente no “Equipo da Semana” de EA Sports

O gran partido de Hugo Mallo o pasado fin de semana contra a Real Sociedad ten premio. O capitán do primeiro equipo foi incluído no 'Equipo da Semana' do videoxogo FIFA19 de EA Sports tras a súa fantástica actuación en ABANCA Balaídos, onde realizou un sensacional encontro redondeado cunha magnífica asistencia de gol a Iago … Continuación

Un valente RC Celta paga a efectividade do Atlético de Madrid (2-0)

O RC Celta caeu ante o Atlético de Madrid (2-0) nun choque no que os de Fran Escribá dispuxeron de ocasións moi claras para adiantarse no marcador. A maior pegada do cadro branquivermello decantou o resultado ao seu favor. Nos primeiros compases do partido o RC Celta espero arroupado no seu campo para saír á … Continuación

Fran Escribá: “Con máis acerto poderiamos conseguir algo”

O adestrador do RC Celta, Fran Escribá, valorou o partido dos seus ante o Atlético de Madrid. "Na primeira parte tivemos ocasións e na segunda tivemos control de xogo, pero en liñas xerais non demos a sensación dos últimos partidos", apuntou ao termo do encontro. "A sensación que me queda é que con máis acerto poderiamos … Continuación

Resumo | Atlético v RC Celta

O RC Celta caeu ante o Atlético de Madrid (2-0) nun choque no que os de Fran Escribá dispuxeron de ocasións moi claras para adiantarse no marcador. A maior pegada do cadro branquivermello decantou o resultado ao seu favor.

Os abonados xa poden reservar entradas visitantes para Leganés

O RC Celta visita o estadio de Butarque o sábado 27 de abril ás 18:30 horas para disputar a trixésimo quinta xornada de LaLiga ante o Leganés. Os abonados que estean interesados en asistir a este encontro xa poden reservar a súa entrada (ata esgotar existencias) presentando o seu carné nas billeteiras do RC Celta en ABANCA Balaídos. O custo da entrada é de 30€ e a reserva está dispoñible en exclusiva … Continuación

O centenario do RC Celta terá un estandarte da canteira: Iago Aspas

Se había unha noticia esperada, desexada... simplemente marabillosa era a continuidade, fóra de toda dúbida, do canteirán que se erixiu en referencia goleadora do fútbol español nos últimos anos. Esa noticia chegou. Iago Aspas será celeste ata o centenario do club. O dianteiro e o RC Celta pecharon hoxe a renovación do seu contrato e … Continuación

Rubén Blanco: “Puntuar nos próximos tres partidos será determinante”

O porteiro Rubén Blanco atende aos medios de comunicación na sala de prensa antes do importante partido de Liga ante o Girona (sábado, 13:00, Abanca Balaídos).

Rubén Blanco recibe o premio Xogador Estrella Galicia de marzo

Este mércores entregouse en A Madroa o premio ao Xogador Estrella Galicia do mes de marzo, que nesta ocasión recaeu no porteiro do RC Celta Rubén Blanco. O gardameta celeste obtivo o 75% dos votos emitidos pola afección celtista a través das redes sociais do club, seguido por Stanislav Lobotka cun 15% dos votos e … Continuación