O seu regreso, unha realidade: Iker Losada volve ao RC Celta
Iker Losada regresa onde todo comezou. O de Catoira volve ao RC Celta cedido polo Real Betis Balompié. A falta das probas médicas habituais, o dianteiro volverá defender o escudo celeste tan só un ano e medio despois da súa saída do club. Un esperado regreso que marca unha nova etapa na súa traxectoria deportiva. … Continuación