Iago Aspas, primeiro Premio Estrella Galicia da tempada

Iago Aspas gaña o primeiro Premio Estrella Galicia da tempada. O canteirán foi elixido polos afeccionados celestes como o mellor futbolista do conxunto vigués do mes de setembro. Este recoñecemento chega nun mes especialmente significativo para o noso capitán, quen alcanzou a impresionante cifra de 500 partidos oficiais co primeiro equipo do RC Celta. Actualmente, … Continuación

UD San Pedro, primeiro rival do Celta en Copa del Rey

O RC Celta xa coñece ao seu primeiro rival na presente Copa del Rey. Este mediodía, a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) levou a cabo, na Ciudad Deportiva de Las Rozas, o sorteo dos emparellamentos para a primeira rolda da competición e o azar determinou que os celestes se medirán ante UD San Pedro … Continuación

Catro xogadores do RC Celta internacionais neste parón de outubro

Catro xogadores do RC Celta foron convocados polas súas seleccións nacionais neste parón de outubro. Óscar Mingueza, Tasos Douvikas, Williot Swedberg e Hugo Álvarez concentráronse cos seus diferentes combinados nacionais para cumprir cos seus compromisos internacionais. Este é o calendario completo: Óscar Mingueza (España) Liga das Nacións España - Dinamarca: 12 de outubro (20:45h) Estadio Enrique … Continuación

Vitoria heroica do RC Celta ante a UD Las Palmas (0-1)

https://youtu.be/Vra5uWanJtI?si=IrwDM5wWhopbqSMv Partidazo do RC Celta nesta novena xornada de LALIGA EA SPORTS ante a UD Las Palmas. Un encontro que prometía ser moi intenso e ao que non lle faltou de nada. Moita intensidade e dous partes totalmente diferenciadas foron claves na épica vitoria do conxunto celeste en Gran Canaria. Nos primeiros compases do encontro, … Continuación

O RC Celta entra no Top 10 da Clasificación Histórica de Primeira División

Tras vencer ao UD Las Palmas, o RC Celta métese no Top 10 da Clasificación Histórica de Primeira División, superando ao Real Zaragoza, sumando un total de 2112 puntos. Uns datos alcanzados tras 59 tempadas disputadas, 1972 partidos, 667 vitorias e un total de 2629 goles. Tras adiantar ao Deportivo da Coruña hai 6 anos, … Continuación

Hugo Álvarez, convocado coa selección española Sub-21

Hugo Álvarez, xogador do RC Celta, foi convocado por primeira vez coa Selección Española Sub-21. O seleccionador español, Santi Denia, incluíu ao canteirán celeste na lista de convocados para que se una ao combinado español na Fase de Clasificación para o Europeo de Eslovaquia 2025 nos partidos ante Kazajistán e Malta que se disputarán os … Continuación

Convocatoria do RC Celta para o duelo ante UD Las Palmas

O RC Celta visitará mañá, sábado 5 de outubro, ao UD Las Palmas ás 18:30h. Para esta novena xornada de LALIGA EA SPORTS, que se disputará no Estadio Gran Canaria, Claudio Giráldez convocou a 24 xogadores. Na lista de convocados están Iván Villar (1), Vicente Guaita (13), Coke (35), Carl Starfelt (2), Óscar Mingueza (3), … Continuación

Hugo Sotelo, celeste ata 2028

O RC Celta pecha a renovación do canteirán Hugo Sotelo tras un ilusionante acordo para avanzar na consolidación da canteira. O mediocentro, de 20 anos de idade, e o director de Fútbol do RC Celta, Marco Garcés, estamparon as súas firmas nun contrato que o vincula co club ata xuño de 2028. Formado en categorías … Continuación

Repartición de puntos en Abanca Balaídos | RC Celta 1 – 1 Girona FC

O RC Celta empata en Abanca Balaídos ante o Girona FC na oitava xornada de LALIGA EA SPORTS. Un encontro moi especial que comezaba coa homenaxe a Iago Aspas polos seus 500 partidos oficiais co club, polo que todos os seus compañeiros saltaron ao terreo de xogo cunha camiseta conmemorativa, do mesmo xeito que se … Continuación

Iago Aspas, vixésimo máximo goleador da historia de Laliga

Iago Aspas suma un novo récord ao seu xa dilatado repertorio. Tras o tanto anotado en Abanca Balaídos ante o Girona FC, o de Moaña posiciónase en solitario como o vixésimo máximo goleador da historia de Laliga. Son 159 os goles que o capitán celeste marcou na máxima categoría do fútbol español, dous deles na … Continuación