Néstor Araujo, no Once Idal da fase de grupos da Copa Ouro

Gran recoñecemento da CONCACAF a Néstor Araujo. O central celeste foi incluído no Once Ideal da fase de grupos de Cópaa Ouro, competición que o céltico disputa estes días coa Selección de México. Araujo disputou ao completo os dous primeiros partidos do combinado azteca (vitorias ante Cuba e Canadá) e descansou no terceiro (triunfo ante … Continuación

Néstor Araujo accede ás semifinais de Copa Ouro e Maxi Gómez cae con Uruguai

A selección mexicana clasificouse esta madrugada para as semifinais de Copa Ouro tras imporse nos penaltis a Costa Rica. O central do RC Celta Néstor Araujo disputou 106 minutos co combinado azteca, consolidado como titular no equipo nacional. Doutra banda, Maxi Gómez despediuse en cuartos de final da Copa América con Uruguai tras caer, tamén … Continuación

O RC Celta pecha o anhelado regreso de Denis Suárez

O novo reforzo do RC Celta para a tempada 2019/2020 non podía ser máis especial para o celtismo. O club vigués e o FC Barcelona alcanzaron un principio de acordo para o traspaso de Denis Suárez (6 xaneiro, 1994), o que suporá o regreso do canteirán celeste a súa casa. Oito anos despois de saír … Continuación

Wass sufriu unha escordadura no ombreiro ante o Real Madrid

  Daniel Wass terminou o partido de Copa ante o Real Madrid cunha escordadura acromioclavicular no ombreiro dereito. Os servizos médicos do Celta realizaron unha proba radiológica ao xogador leste mesmo xoves en FREMAP coa que se descartou que sufra unha lesión ósea ou luxación.   A participación do internacional danés no partido de Liga … Continuación

LIGA | Leganés-Celta: listaxe de convocados

Eduardo Berizzo convocou a 19 xogadores, entre eles aos canteiráns Iván Villar e Pape Cheikh, para o partido de Liga ante o Leganés (sábado, 20:45, Butarque).   A lista completa fórmana: Sergio, Iván Villar, Hugo Mallo, Fontàs, Marcelo Díaz, Radoja, Bongonda, Pablo Hernández, Guidetti, Sisto, Lemos, Jozabed, Jonny, Sergi Gómez, Planas, Cabral, Señé, Rossi e … Continuación

COPA | O Alavés, rival do Celta nas semifinais de Copa do Rei

  O sorteo de Copa do Rei celebrado este venres en Las Rozas emparexou ao Deportivo Alavés co RC Celta na semifinal do torneo. A falta de que se confirmen as datas e horarios definitivos, a ida disputarase en Balaídos e a volta en Mendizorroza.    

COPA | Celta e afección retoman o xoves o seu soño nunha xornada histórica: entradas xa á venda con vantaxes para abonados

  BILLETEIRA ONLINE (só categoría ADULTO)   Partido histórico, único, o primeiro dun reto descomunal, pero cargado de ilusión e esperanza. O RC Celta recibe o vindeiro xoves ás 21.00 horas ao Deportivo Alavés en Balaídos no partido de ida das semifinais da Copa do Rei. Hai apenas unhas horas, a afección levou polo aire ao … Continuación

LIGA | Solvente, valiosa e ilusionante vitoria do Celta en Leganés (0-2)

  O Celta logro en Butarque unha solvente vitoria, dun gran valor no durísimo calendario que afrontan os vigueses. O conxunto celeste, sólido e voraz, derrotou ao Leganés con tantos de Lemos, no seu debut en Primeira, e Guideti, de penalti cometido sobre Sisto tras unha fantástica xogada do danés.   O comezo foi igualado, … Continuación

Rossi retirouse do partido ante o Leganés por unha contractura

  Giuseppe Rossi non puido completar o partido de Liga ante o Leganés por unha lesión muscular. O futbolista italiano retirouse no minuto 42 e foi substituído por John Guidetti. Os servizos médicos han determinado que o xogador sofre unha contractura na zona dos isquiotibiais mediales internos da perna esquerda, unha lesión que en principio … Continuación

Lemos debutou en Primeira División marcando un gol de ‘nove’

Álvaro Lemos gozou dos seus primeiros minutos en Primeira División este sábado en Leganés. O galego foi titular e ocupou a banda dereita do ataque, deixando bos detalles e demostrando o seu compromiso e entrega.   Por se non fose pouco o feito de debutar na máxima categoría do fútbol español, Lemos anotou un fantástico … Continuación