Giuseppe Rossi desvincúlase do Celta

  Giuseppe Rossi non continuará a próxima tempada no RC Celta. O club quere expresar o seu agradecemento ao xogador, tanto pola súa actitude como a súa gran profesionalidade durante o seu tempo como celeste, ademais de desexarlle unha pronta e total recuperación da súa lesión. Boa sorte Beppe!

Borja Iglesias xogará cedido no Real Zaragoza

  O dianteiro Borja Iglesias xogará a campaña 2017/2018 no Real Zaragoza tras o acordo alcanzado entre o club maño e o RC Celta para a cesión do xogador durante unha tempada. O RC Celta desexa a Iglesias o maior dos éxitos na súa etapa co Real Zaragoza.

O luns pola mañá… volta ao traballo na Madroa!

  Comeza a campaña 2017/18 no RC Celta. O primeiro equipo inicia a pretemporada baixo as ordes de Juan Carlos Unzué este luns 10 de xullo nas instalacións deportivas da Madroa. Farao dende o día un cunha dobre sesión en xornada matinal (09:30) e vespertina (18:30) que na primeira semana de adestramentos repetirase o martes, … Continuación

O Celta recibe a Jozabed este venres ás 12:00 en Balaídos

Jozabed Sánchez seguirá sendo xogador do RC Celta. O futbolista andaluz, comprometido co club vigués ata 2021, chegará a Vigo este venres para ser presentado a partir das 12:00 horas no estadio de Balaídos. Os afeccionados poderán acceder a Tribuna Baixa pola porta 11 para dar a benvida a Jozabed, presenciar a tradicional sesión de … Continuación

Jozabed: “O Celta foi sempre a primeira opción”

Jozabed xa se ha enfundado o equipamento da tempada 2017/18. O futbolista andaluz seguirá vestindo a celeste ata 2021, xa como xogador en propiedade do RC Celta. O centrocampista estivo acompañado na súa segunda presentación como céltico polo conselleiro Antonio Rosendo e o director deportivo Felipe Miñambres. "Estou feliz. O club fixo un esforzo grande … Continuación

O Celta de Unzué comeza con ilusión e moito balón

  O RC Celta iniciou este luns unha nova pretemporada, a primeira ás ordes de Juan Carlos Unzué. Foi unha mañá de reencontros, sorrisos e anécdotas estivais, pero tamén de intenso traballo desde o primeiro momento. Tras reunirse no vestiario co presidente Carlos Mouriño e o director deportivo Felipe Miñambres, os xogadores saltaron ao céspede … Continuación

O plantel celeste sométese a completas probas médicas no Hospital Vithas Fátima

  Os xogadores do R.C Celta comezaron esta semana a someterse ás habituais probas de recoñecemento médico de pretempada no Hospital Vithas Fátima, proveedor de servizos sanitarios do Celta desde os anos 70. Aos futbolistas celestes realizaránselle análises e exames físicos no complexo hospitalario vigués supervisados polos doutores Juan José García Cota, xefe dos servizos … Continuación

Entradas a 10€ para o debut do Celta de Unzué en Ferrol

  O Racing Club de Ferrol presentou este xoves o I Trofeo Isidro Silveira, un triangular no que tamén participan RC Celta e Real Sporting e que servirá de homenaxe á figura do presidente do club ferrolán, recentemente falecido. O trofeo disputarase o sábado 22 de xullo ás 19:00 horas no estadio da Malata e … Continuación

O RC Celta inunda de calidade e dinamismo o seu centro do campo co internacional eslovaco Lobotka

  O RC Celta potencia o seu centro do campo coa incorporación para as próximas cinco tempadas dun novo futbolista con ampla experiencia internacional e nas Ligas eslovaca e danesa e que ademais brillou de xeito extraordinario na recente Eurocopa Sub-21. Stanislav Lobotka (Trenčín, Eslovaquia, 25 de novembro de 1994), que aportará á medular celeste … Continuación

Plan de traballo

  DATA LUGAR HORA Luns A Madroa 09:30 (porta aberta) | 18:30 (porta pechada) Martes A Madroa 09:30 (p.p.) | 18:30 (p.p.) Mércores A Madroa 09:30 (p.a.) Xoves A Madroa 09:30 (p.p.) | 18:30 (p.p.) Venres A Madroa 09:30 (p.a.) Sábado Ferrol Triangular Ferrol-Celta-Sporting 19:00 | A Malata Domingo - DESCANSO