A radiografía descarta que Planas sofra algunha fractura

  O pasado domingo Carles Planas retirouse lesionado do Celta-Betis. Tras realizar unha radiografía ao futbolista, os servizos médicos do club descartan a existencia de fracturas e confirman que sofre un traumatismo no seu xeonllo esquerdo. Os galenos célticos valorarán a lesión os próximos días segundo a súa evolución.

LIGA | Sevilla-Celta: listaxe de convocados

  Eduardo Berizzo convocou a 18 xogadores para o partido deste xoves ante o Sevilla FC (20:30, Sánchez Pizjuán), entre eles ao poteiro canteirán Iván Villar.   A listaxe completa fórmana: Sergio, Iván Villar, Hugo Mallo, Fontàs, Pape, Radoja, Bongonda, Pablo Hdez., Guidetti, Iago Aspas, Sisto, Beauvue, Jozabed, Wass, Jonny, Sergi Gómez, Cabral e Roncaglia. … Continuación

Un Celta sólido e valente cae en Sevilla tras quedarse en inferioridade

  Bo partido do Celta en Sevilla, cun gran arranque e unha primeira metade de gran intensidade. No inicio da segunda, gol local, empate de Iago Aspas e inmediata expulsión do Tucu Hernández que marcou o choque. Os locais lograron o tanto da vitoria no tramo final ante un Celta ambicioso, valente e rocoso.   … Continuación

El Celta cae derrotado en Balaídos ante o Athletic Club

  O Celta caeu derrotado esta noite en Balaídos ante o Athletic Club de Bilbao. O equipo celeste saíu ao campo con intención de buscar o balón, mesmo contou cunha ocasión de Bongonda. Con todo as acometidas do Athletic á contra obrigaron a intervir a Sergio en dúas ocasións. O primeiro gol chegou tras un … Continuación

UEL | Celta-Manchester Utd.: listaxe de convocados

  Eduardo Berizzo convocou a 18 xogadores para o histórico partido deste xoves ante o Manchester United (21:05, Balaídos), entre eles ao porteiro canteirán Iván Villar.   A listaxe completa fórmana: Sergio, Iván Villar, Hugo Mallo, Fontàs, Marcelo Díaz, Radoja, Bongonda, Pablo Hdez., Guidetti, Iago Aspas, Sisto, Beauvue, Jozabed, Wass, Jonny, Sergi Gómez, Cabral e … Continuación

A pola épica! Old Trafford decidirá se o soño continúa (0-1)

  O Manchester adiantouse no camiño a Solna. Fíxoo cun gol de falta directa, obra de Rashford, cando mellores sensacións ofrecía o Celta. Os de Berizzo tentaron igualar o marcador ata o último alento, pero non foron capaces de superar a rochosa defensa dos ingleses. O RC Celta buscará a épica en Old Trafford, "o … Continuación

LIGA | O partido aprazado ante o Real Madrid xógase o “Día das Letras Galegas”

  Xa hai horario confirmado para o partido da xornada 21 ante o Real Madrid, aprazado o pasado mes de febreiro por causa dun temporal que azoutou Vigo. O choque xogarase finalmente o mércores 17 de maio, "Día das Letras Galegas", ás 21:00 horas no estadio de Balaídos.

LIGA | Málaga-Celta: listaxe de convocados

  Eduardo Berizzo convocou a 18 xogadores para o partido deste domingo ante o Málaga CF (20:45, La Rosaleda), entre eles ao porteiro canteirán Iván Villar.   A listaxe completa fórmana: Sergio, Iván Villar, Hugo Mallo, Pape, Marcelo Díaz, Bongonda, Guidetti, Iago Aspas, Beauvue, Lemos, Jozabed, Hjulsager, Jonny, Sergi Gómez, Planas, Cabral, Señé e Roncaglia. … Continuación

LIGA | O Celta cae de forma clara en Málaga (3-0)

  O Celta non puido sumar en Málaga tras un partido no que os celestes dominaron a posesión, pero non foron capaces de xerar ocasións ante un rival que se adiantou na primeira metade e pechou o partido desde o punto de penalti.   Ao once minutos, con dominio do Málaga, chegou unha gran parada … Continuación

LIGA | A última xornada xógase o domingo 21 de maio en Balaídos

  LaLiga confirmou os horarios correspondentes á xornada 38, última do campionato. O Celta despedirá a tampada en Balaídos ante a Real Sociedad o domingo 21 de maio ás 16:45 horas. beIN Sports LaLiga retransmitirá o partido en directo.