RC Celta vs Sporting, terceiro amigable da pretemporada 24/25

O primeiro equipo do RC Celta pecha un novo amigable para a pretemporada de LALIGA EA SPORTS 2024/25. Os celestes enfrontaranse ao Sporting de Xixón o vindeiro martes, 23 de xullo, ás 12:00 horas. O encontro, que se disputará na Cidade Deportiva Afouteza, poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube do RC … Continuación

Miguel Baeza emprende unha nova etapa deportiva

O centrocampista, Miguel Baeza, finaliza a súa vinculación co RC Celta. O xogador, que chegou á entidade celeste en agosto de 2020, emprende agora unha nova etapa na súa traxectoria deportiva. Baeza pecha desta maneira a súa estancia no club tras catro anos nos que vestiu máis de 700 minutos a camiseta celeste. O RC … Continuación

Convocatoria do RC Celta para o partido ante o Benfica

O RC Celta xogará mañana, 13 de xullo, ás 20:00 horas, no que será o primeiro partido da pretempada ante o SL Benfica. Para este encontro, no estadio municipal de Águeda (Portugal), o técnico do RC Celta, Claudio Giráldez, convocou a 25 xogadores. Na lista de convocados están Iván Villar, Marc Vidal, César, Sergio Carreira, Javi … Continuación

O RC Celta medirase ao Gil Vicente no cuarto amigable da pretemporada

O RC Celta disputará o seu cuarto partido amigable da pretemporada 24/25 ante o Gil Vicente FC da Primeira Liga portuguesa. O enfrontamento, que terá lugar na Cidade Deportiva Afouteza o próximo 26 de xullo ás 18h, será retrasmitido en directo a través da canle de Youtube do RC Celta. Os de Claudio Giráldez mediranse … Continuación

Lille OSC, novo rival na pretemporada celeste

O RC Celta confirmou un novo partido para a pretemporada 24/25. O equipo celeste enfrontarase ao Lille Olympique Sporting Club o próximo 30 de xullo. Un emocionante encontro que levará a cabo no Estadio de Hainaut ás 19:00h. Para aqueles celtistas que non poidan asistir á cita, está tamén será retransmitida en directo a través … Continuación

Miguel Rodríguez xogará no Utrech a próxima tempada

O RC Celta e o Football Club Utrecht pecharon a cesión con opción de compra de Miguel Rodríguez. O mozo redondelano xogará a próxima tempada na Eredivisie tras unha destacada etapa no club celeste. Con máis de 5.000 minutos entre primeiro equipo e canteira, Miguel sinalouse durante todos estes anos como un atacante potente e … Continuación

Aidoo reincorpórase aos adestramentos do RC Celta

Joseph Aidoo reincorporouse esta mañá aos adestramentos do RC Celta tras unha longa ausencia. Despois de varios meses de baixa debido a unha rotura do tendón de Aquiles esquerdo, lesión que sufriu nun dos seus partidos como internacional, o defensa celeste volve ao equipo con grandes sensacións. Co obxectivo de preparar a próxima tempada 24/25, … Continuación

O primeiro equipo do RC Celta arrinca a pretemporada 24/25

Os xogadores do primeiro equipo do RC Celta volveron á actividade este venres despois das vacacións de verán. Tras dous días nos que se realizaron as pertinentes probas médicas na Clínica RC Celta da Sede, a xornada de hoxe estivo marcada pola primeira sesión de adestramento da pretemporada de LALIGA EA SPORTS 2024/25. Os xogadores … Continuación

Luton Town FC, novo rival na pretempada 24/25

O RC Celta xa ten confirmado un novo partido para a pretempada 24/25. O equipo celeste enfrontarase ao Luton Town Football Club o próximo 3 de agosto. A cita, que terá lugar en Kenilworth Road (Luton) ás 16:00 hora peninsular, xa ten as súas entradas á venda AQUÍ. Ademais, será retransmitida en directo a través … Continuación

José Fontán termina a súa etapa no RC Celta

O RC Celta e o FC Arouca chegaron a un acordo para o traspaso do defensa, José Fontán. O canteirán, que militaba cedido no FC Cartaxena, pecha a súa etapa no club vigués tras máis de 3.500 minutos defendendo o escudo celeste. Agora, Fontán inicia unha nova etapa deportiva na máxima categoría do fútbol portugués. … Continuación