#RCCVAPorEles | O equipo lévase a Madrid o ánimo e a enerxía do celtismo. Unha vez máis: grazas afección!

  O RC Celta partiu esta tarde cara a Madrid para disputar mañá un apaixonante partido de volta dos cuartos de final da Copa do Rei ante o Atlético. E non se foi só. Leva o alento, o agarimo, o apoio e a inmensa enerxía do celtismo, unha vez máis espectacular. O club quere expresar … Continuación

Un Celta enorme, armado coa ilusión do celtismo, supera ao Atlético e alcanza a semifinal

  O Celta consumou a xesta. O equipo vigués, armado coa ilusión do celtismo, alcanzou a décima semifinal de Copa da súa historia tras superar con claridade ao Atlético de Madrid no Calderón nun partido moi duro e intenso. Os celestes, espléndidos, foron superiores e dobregaron aos locais con dous tantos de Pablo Hernández e … Continuación

O Sevilla FC, rival do Celta nas semis de Copa

  O Sevilla FC é o rival do RC Celta nas semifinais da Copa do Rei. O sorteo, celebrado esta mañá na Ciudad Deportiva de Las Rozas, emparellou ao cadro andaluz cos celestes e ao FC Barcelona coa Valencia CF. A ida da eliminatoria disputarase o mércores 3 de febreiro no Sánchez Pizjuán e a … Continuación

O Celta, con todo en contra, cae nas Palmas

   

Yelko Pino xogará no Queens Park Rangers

  O centrocampista Yelko Pino xogará no Queens Park Rangers Football Club, da Championship, conxunto co que asinou un contrato de seis meses. O Real Club Celta resérvase a opción de recuperar ao xogador unha vez conclúa a súa estancia no equipo inglés. 

O RC Celta recurrirá as sancións a Orellana e Hugo Mallo

  O Comité de Competición da Federación Española de Fútbol acordou hoxe sancionar con tres partidos de suspensión a Fabián Orellana, un por dobre amonestación e dous en aplicación do código disciplinario, e cun a Hugo Mallo por acumulación de cartóns. O Real Club Celta presentará recurso ante o Comité de Apelación pola amonestación que … Continuación

Noite aciaga do Celta en Sevilla (4-0)

 

A volta das semis de Copa xógase o xoves ás 20:30

  O partido de volta das semifinais da Copa do Rei entre RC Celta e Sevilla FC xógase o xoves 11 de febreiro ás 20:30h no Estadio de Balaídos. TVE retransmite o partido en aberto. 

O primeiro equipo estrea o novo céspede de Balaídos

  O Celta adestrou esta mañá por última vez antes do partido de Liga ante o Sevilla FC (domingo, 18:15h, Balaídos), unha sesión que se realizou no estadio vigués. Os xogadores e técnicos do primeiro equipo tiveron a súa primeira toma de contacto co novo céspede, un tapete cuxa instalación finalizou a principios de semana … Continuación

O Celta remonta e suma un punto tras un gran monólogo ofensivo (1-1)

  O Celta volveu encaixar ao final da primeira metade nun saque de esquina e, ante un rival en inferioridade e moi metido atrás, empuxou con decisión en busca da remontada. Beauvue empatou e os celestes tentárono con ganas, nun monólogo ofensivo que non tivo o premio merecido.   Gran respecto no arranque do partido, … Continuación