Cabral: “A Real é un rival directo que hai que deixar atrás”

  Gustavo Cabral xa pensa no importante partido deste sábado ante a Real Sociedade, "un rival directo que hai que deixar atrás". O central céltico cualifica de "esixente" o choque ante o cadro donostiarra e considera que a clave estará en manter a filosofía de xogo do Celta: "Ter a pelota, facer correra ao rival, … Continuación

O novo seleccionador de Dinamarca convoca a Daniel Wass

Foto: Rodrigo Otero Age Hereide, novo seleccionador de Dinamarca, convocou ao centrocampista celeste Daniel Wass para os dous próximos amigables contra Islandia e Escocia que o combinado danés disputa o día 24 en Herning (Dinamarca) e o 29 de marzo en Glasgow (Escocia) respectivamente.   Con esta convocatoria, a primeira elaborada por Hereide, Wass confirma a … Continuación

Chelo Díaz: “Vía sempre os partidos do Celta e entendía que este equipo tiña que xogar unha copa internacional”

  O equipo afronta o partido deste sábado como clave na loita polos postos europeos. Así o recoñeceu esta mañá o centrocampista céltico Marcelo Díaz, quen asegurou que o persoal adestrou moi ben durante a semana e chegan ao choque preparados para sumar unha vitoria: "Puxemos toda a nosa concentración neste partido. É un rival … Continuación

LIGA | RC Celta – Real Sociedad: convocados

  O adestrador do Celta, Eduardo Berizzo, convocou a 18 xogadores  para o partido de Liga ante a Real Sociedad (sábado, 18:15, Balaídos) entre eles, o centrocampista do filial Borja Fernández. Fontàs e Pablo Hernández son baixa por lesión e Orellana por sanción.   A lista completa fórmana Sergio, Rubén, Hugo Mallo, Marcelo Díaz, Radoja, … Continuación

Berizzo: “A nosa mentalidade ten que fortalecerse nas últimas xornadas”

  O técnico celeste Eduardo Berizzo prepara o crucial partido de mañá con 18 xogadores entre os que se atopa o mediocampista do filial Borja Fernández. Para este encontro non poderá contar con Orellana por sanción nin con Fontás e Pablo Hernández por lesión. Berizzo considera de gran valor un partido no que terán que … Continuación

O Celta tira de calidade e oficio para sumar unha reconfortante e valiosa vitoria

  O Celta sumou ante a Real Sociedade unha vitoria reconfortante e valiosa para manter vivas as súas ilusións no tramo final do campionato. Boa primeira metade dos célticos con golazo de Iago Aspas e máis oficio na segunda, na que sufriu o empuxe da Real.   O partido arrincou con bo ritmo, moito toque … Continuación

Celta-Betis: sábado 16 de abril ás 22:05h

  A LFP anunciou este luns os horarios dos partidos correspondentes á xornada 33 de Primeira División. O Celta recibe ao Real Betis o sábado 16 de abril ás 22:05h en Balaídos, un encontro que retransmite en aberto TVE.

Iago Aspas, entre 15 e 20 días de baixa por unha microrrotura

  A ecografía realizada nas últimas horas ao dianteiro celeste Iago Aspas revela unha microrrotura fibrilar no bíceps femoral dereito. Esta lesión, producida no transcurso do partido de Liga ante a Real Sociedad, manteralle de baixa entre 15 e 20 días.

Sergio: “Cumprir 100 partidos co Celta é unha alegría inmensa”

  Sergio Álvarez, o Gato de Catoira, está a só un partido de converterse en centenario co primeiro equipo celeste. O porteiro galego asegurou en rolda de prensa que este feito supón "unha alegría inmensa despois de moitos anos de traballo, esforzo e sacrificio" e espera seguir sumando partidos "porque significará que sigo aquí, xogando … Continuación

Sergio e Nolito, no 11 ideal da xornada

  Sergio e Nolito, xogadores do RC Celta, forman parte do once ideal da xornada na Liga Fantasy. O porteiro galego mantivo a portaría a cero ante a Real Sociedad e o atacante andaluz deu a asistencia a Iago Aspas no gol da vitoria.