A selección de Suecia convoca a John Guidetti

  O seleccionador sueco, Emre Hamren, convocou ao dianteiro celeste John Guidetti de face aos dous próximos encontros amigables do combinado nórdico. Suecia enfróntase a Turquía o 24 de marzo na localidade turca de Antalya e o 29 do mesmo mes á República Checa en Solna (Suecia).   O outro xogador céltico convocado até o … Continuación

Señé: “O noso obxectivo é gañar cada partido”

  Josep Señé insistiu esta mañá en sala de prensa en que o equipo debe ir partido a partido nesta recta final do campionato ligueiro: "Imos tentar gañar o domingo, despois o seguinte partido... non nos marcamos ningunha posición. Hai que ir partido a partido", subliñou.   O centrocampista celeste non se fía da traxectoria … Continuación

Guidetti: “O noso soño é que o Celta estea en Europa a próxima tempada”

  John Guidetti compareceu esta mañá ante os medios coa súa habitual franqueza e claridade. O dianteiro sueco do Celta manifestou que "no persoal está a ser un gran ano" e mostrouse satisfeito coas cifras que está a rexistrar no seu primeiro ano en España: "Fun titular 13 partidos e levo 11 goles. Para min … Continuación

Orellana e Chelo Díaz, na primeira lista do novo seleccionador chileno

  Fabián Orellana e Marcelo Díaz, xogadores do RC Celta, forman parte da primeira lista de Juan Antonio Pizzi, novo seleccionador de Chile. O técnico convocou aos dous futbolistas celestes para os partidos que o combinado chileno xogará este mes ante Argentina e Venezuela, ambos clasificatorios para a Copa Mundial 2018.  

Del Bosque volve a confiar en Nolito

  O adestrador da Selección Española, Vicente Del Bosque, incluíu a Manuel Agudo 'Nolito' na lista de 25 xogadores para os amigables ante Italia e Rumanía que o combinado español disputa este mes. Para o atacante celeste esta é a súa quinta convocatoria coa selección nacional, coa que debutou nun amigable contra Alemaña disputado en … Continuación

A selección de Guadalupe convoca a Beauvue

  A selección de fútbol de Guadalupe convocou ao xogador celeste Claudio Beuavue. O combinado guadalupeño afronta dous partidos clasificatorios para a Copa Ouro da CONCACAF, o primeiro deles ante San Martín o 22 de marzo e o segundo contra Surinam o día 29. ante Surinam.

Theo Bongonda regresa á Selección de Bélxica Sub-21

  O atacante celeste Theo Bongonda regresa á Selección de Bélxica Sub-21 para disputar dous partidos de clasificación para o Campionato de Europa da categoría. O xogador do Celta participará co combinado belga nos partidos nos que éste medirase a Moldovia, o día 23 do presente mes, e a Montenegro, cinco días despois.

O partido en Xixón cambia de horario e xogarase na mañá do domingo 10 de abril

  A LFP modificou o horario do partido Sporting de Gijón-RC Celta tras os sorteos de competicións europeas. Os celestes visitarán El Molinón finalmente o domingo 10 de abril ás 12:00h. 

O Celta aporta 9 xogadores a distintas seleccións nacionais

  Ata nove xogadores do primeiro equipo foron convocados polas súas seleccións nacionais. Wass, Guidetti, Orellana, Marcelo Díaz, Nolito, Jonny, Rubén, Bongonda e Beauvue afrontarán diversos compromisos internacionais a partir da próxima semana.   WASS (DINAMARCA) Dinamarca-Islandia: xoves 24 de marzo (Herning, Dinamarca) Escocia-Dinamarca: martes 29 de marzo (Glasgow, Escocia)   GUIDETTI (SUECIA) Turquía-Suecia: xoves … Continuación

O Celta aférrase ao seu soño cunha gran vitoria en Valencia

  O Celta deu un paso de xigante cara ao seu soño cunha solvente vitoria en Mestalla. Os celestes, serios, ordenados e como sempre brillantes arriba, anotaron na segunda metade con goles de Guidetti e Hugo Mallo, ambos os espectaculares. Os vigueses estrelaron ademais tres remates á madeira.   Serio e moi ordenado, o Celta … Continuación