Berizzo convoca a todos os dispoñibles ante o Sevilla

  O adestrador do primeiro equipo, Eduardo Berizzo, convocou aos 20 xogadores dispoñibles para o partido de Liga ante o Sevilla FC (domingo, 12:00h, Sánchez Pizjuán), correspondente á cuarta xornada de Primeira División, entre eles o porteiro do filial Néstor ante a baixa por lesión de Rubén Blanco.   A lista completa fórmana Sergio, Hugo … Continuación

Un Celta enorme supera ao Sevilla e segue invicto

  Un Celta enorme, que ofreceu un espectáculo inmenso na primeira metade e soubo aguantar e sufrir na segunda, levou unha gran vitoria ante un Sevilla que non puido finalmente rendibilizar o seu xogo directo e a envergadura de Llorente. magnífico treiunfo con goles de Nolito e Wass.   Arranque magnífico dun Celta intenso, ambicioso … Continuación

O Real Madrid visita Balaídos o 24 de outubro

  A LFP confirmou o horario da xornada 9 de Primeira División. O Celta recibe ao Real Madrid o sábado 24 de outubro ás 16:00 horas.

O Celta recurrirá ante Apelación a segunda amarela a Jonny

  O Comité de Competición da RFEF sancionou a Jonny cun partido de suspensión pola dobre amarela que viu no último partido de Liga ante o Sevilla FC. O RC Celta presentará recurso ante o Comité de Apelación co fin de que deixe sen efecto o segundo cartón amarelo.

20 xogadores convocados ante o FC Barcelona

  O adestrador do primeiro equipo, Eduardo Berizzo, convocou a 20 xogadores para o partido de Liga ante o FC Barcelona (mércores, 20:00h, Balaídos), correspondente á quinta xornada de Primeira División, entre eles o porteiro do filial Néstor ante a baixa por lesión de Rubén Blanco. O defensor Jonny está pendente da resolución de Apelación … Continuación

Un Celta colosal golea ao Barcelona en Balaídos

  Un Celta superlativo, desde o primeiro dos seus xogadores até o último dos seus afeccionados, ofreceu unha nova exhibición de ambición, intensidade e fútbol para superar con claridade ao Barcelona. Delirio en Balaídos ante unha goleada con tantos de Iago Aspas, dúas, Nolito e Guidetti.   Gran arranque do Celta, con dez minutos espléndidos, … Continuación

Augusto será intervido por unha rotura tendinosa na man dereita

  A resonancia realizada esta mañá a Augusto Fernández confirma unha rotura tendinosa no 2º dedo da súa man dereita. O xogador será intervido cirurxicamente a principios da próxima semana polo Dr. Juan José García Cota, xefe dos servizos médicos do club, no Hospital Vithas Fátima.   O centrocampista poderá xogar sen limitacións este sábado … Continuación

19 convocados para o desplazamento a Eibar

  O adestrador do primeiro equipo, Eduardo Berizzo, convocou a 19 xogadores para o partido de Liga ante a SD Eibar (sábado, 22:05h, Ipurúa), correspondente á sexta xornada de Primeira División, entre eles o porteiro do filial Néstor. Son baixa por lesión o porteiro Rubén Blanco e o defensa central Andreu Fontàs.   A lista … Continuación

Orellana regresa á Selección de Chile

  O atacante celeste Fabián Orellana foi convocado por Jorge Sampaoli, seleccionador de Chile, para participar en dous partidos de clasificación para o Mundial de Rusia 2018. O conxunto chileno medirase a Brasil o 8 de outubro en Santiago de Chile e a Perú o 13 do mesmo mes en Lima.   O regreso de … Continuación

O Celta suma un punto en Ipurúa e segue invicto

  O Celta sumou un punto no sempre complicado campo de Ipurúa tras encaixar aos 2 minutos nun saque de esquina. Os celestes tentárono sen desmaio e finalmente Iago Aspas anotou o tanto do empate tras unha gran xogada de Jonny. Os vigueses seguen invictos e pechan de maneira moi satisfactoria unha gran semana.   … Continuación