O Celta cree e medra para asaltar Anoeta

 

Betis-Celta: sábado 5 de decembro ás 22:05

  A LFP confirmou os horarios da xornada 14 de Primeira División. O Celta medirase ao Real Betis o sábado 5 de decembro ás 22:05 horas no Estadio Benito Villamarín. O partido será retransmitido en aberto a través de La 1.

O Celta xoga a ida da Copa en Almería o mércores 2 de decembro ás 21h

  O RC Celta medirase á UD Almería, de Segunda División, nos dezaseisavos de final da Copa do Rei 2015/16. O partido de ida xogarase o mércores 2 de decembro ás 21:00h no Estadio de Los Juegos Mediterráneos de Almería e o de volta, con data pendente de confirmación, sobre o 16 de decembro en … Continuación

Compromisos internacionais para seis xogadores celestes

  Os celestes Nolito, Guidetti, Wass, Orellana, Madinda e Jonny foron convocados unha vez máis polas súas seleccións nacionais.   Nolito: regresa á absoluta española de cara a dous amigables, ante Inglaterra e Bélxica.   Guidetti e Wass: os xogadores nórdicos do Celta foron convocados por Suecia e Dinamarca respectivamente para a repesca da Eurocopa … Continuación

Dura derrota nun día aciago para o Celta

  Non foi o día do Celta, combativo e xeneroso, pero negado de cara ao gol, ante un rival que fabricou menos ocasións que goles. Dura derrota nun partido no que o resultado non se axusta en absoluto ao ocorrido no terreo de xogo.   O Celta non tivo unha boa posta en escena e … Continuación

Celta-Espanyol: sábado 12 de decembro ás 18:15h

  A LFP confirmou os horarios da xornada 15 de Primeira División. O Celta recibe ao RCD Espanyol en Balaídos o sábado 12 de decembro ás 18:15h, un partido que será emitido por Canal+ Liga.

Coñece o calendario dos internacionais celestes

  Nolito España-Inglaterra (2-0) | Amistoso, 13 NOV (Alicante, ESPAÑA) Bélxica-España (SUSPENDIDO) | Amistoso, 17 NOV (Bruselas, BÉLXICA)   Wass Suecia-Dinamarca (2-1) | EURO Playoff, 14 NOV (Estocolmo, SUECIA) Dinamarca-Suecia (2-2) | EURO Playoff, 17 NOV (Copenhague, DINAMARCA)   Guidetti Suecia-Dinamarca (2-1) | EURO Playoff, 14 NOV (Estocolmo, SUECIA) Dinamarca-Suecia (2-2) | EURO Playoff, 17 NOV (Copenhague, DENMARK) … Continuación

Madinda foi titular na derrota de Gabón ante Mozambique

  O canteirán Levy Madinda xogou de inicio con Gabón ante Mozambique no partido de clasificación para o Mundial 2018 disputado onte en Maputo. O cadro gabonés caeu derrotado 1-0 e está obrigado a reverter o resultado este sábado no partido de volta, que se xoga en Libreville, para seguir aspirando a lograr unha praza … Continuación

Jonny xogou os 90 minutos na goleada de España a Georgia

  Jonny Castro foi titular coa Selección Española Sub-21 na goleada 5-1 a Xeorxia. O canteirán celeste exerceu de defensa central e disputou os 90 minutos do partido clasificatorio para o Europeo da categoría. O martes mediranse a Croacia noutra partido clave.   Orellana O atacante chileno Fabián Orellana disputou os minutos finais do Chile-Colombia, … Continuación

Granada-Celta: luns 21 de decembro ás 20:30h

  A LFP confirmou os horarios da xornada 16 de Primeira División. O Celta visita o Estadio Los Cármenes o luns 21 de decembro ás 20:30 horas para medirse ao Granada CF. O partido retransmitirase a través de Canal+ Liga e Abono Fútbol.