O Celta cae ante o Athletic Club nunha contra

  O Celta perdeu un partido de empate, igualado, sen excesivas ocasións e cun remate ao pau de cada equipo. Unha perdida de balón en ataque, co equipo despregado arroba, propiciou unha contra letal que lle concedeu a vitoria ao Athletic Club.   O partido comezou con gran ritmo, sen tregua, sen ningún dos equipos … Continuación

O centrocampista Augusto Fernández xogará no Atlético de Madrid

  O Real Club Celta e o Atlético de Madrid pecharon nas últimas horas un acordo para o traspaso ao club madrileño dos dereitos federativos do xogador Augusto Fernández.   O Real Club Celta quere expresarlle ao centrocampista o seu sincero agradecemento pola entrega, o compromiso e a profesionalidade que exhibiu desde a súa chegada … Continuación

Día aciago e derrota do Celta en Málaga

  O Celta caeu en Málaga nun día aciago. Os locais anotaron nos seus dous primeiros remates e os célticos topáronse coa madeira e cun penalti inexistente que supuxo a expulsión de Rubén con moitos minutos por xogarse. Os celestes non se renderon a pesar de xogar en inferioridade e tentárono até o final sen … Continuación

O Celta afronta este xoves o primeiro partido de Copa ante o Cádiz

  O RC Celta retoma a súa participación na Copa do Rei este xoves 7 de xaneiro. Os celestes mídense ao Cádiz en partido de ida dos oitavos de final, un encontro que se disputa no Ramón de Carranza ás 20:30 e que retransmiten Canal+ Liga e Abono Fútbol.   Os vigueses chegan a este … Continuación

Fontás segue a súa recuperación con tecnoloxía da Nasa na clínica Arthros

  Desde o pasado 21 de novembro, o central celeste Andreu Fontás traballa sen descanso para recuperarse da tendinosis/tenosinovitis que sofre no tendón de aquiles. Ao tratamento diario na Madroa por parte dos servizos médicos e de fisioterapia do club sumouse un dos sistemas terapéuticos máis sofisticados na recuperación de lesións do aparello locomotor, o … Continuación

O Celta recibe ao Sevilla o 7 de febreiro ás 18:15

 A LFP confirmou os horarios da xornada 23 de Primeira División. O RC Celta recibe en Balaídos ao Sevilla FC o domingo 7 de febreiro ás 18:15h, un partido que retransmitirán Canal+ Liga e Abono Fútbol.  

O Celta supera con claridade ao Cádiz na ida dos oitavos de final (0-3)

  Un Celta serio e solvente superou con claridade ao Cádiz no partido de ida dos oitavos de final da Copa do Rei. Os célticos, moi superiores, encarrilaron a eliminatoria cun rotundo cero a tres con dous tantos de Guidetti e un de Jonny.   Comezo frenético no Carranza, cun ritmo altísimo e un Cádiz … Continuación

O Celta cae en Balaídos ante un Atlético moi sólido e efectivo

  Ao Celta escapóuselle unha vez máis un partido que era de empate en dúas accións puntuais do rival, que acertou ao comezo da segunda metade e no tramo final. Os célticos tentárono son desmaio, pero non puideron coa solidez defensiva dun Atlético que resultou ademais tremendamente efectivo arriba.   O Celta afrontou o esixente … Continuación

Barcelona-Celta: sábado 13 de febreiro ás 20:30h

  A LFP confirmou os horarios da xornada 24 de Primeira División. O Celta mídese ao FC Barcelona o sábado 13 de febreiro ás 20:30h no Camp Nou.

O Celta supera de novo ao Cádiz e alcanza os cuartos de final da Copa

  O Celta clasificouse para os cuartos de final da Copa do Rei tras superar con autoridade ao Cádiz, que callou un bo encontro en Balaídos, pero volveu caer ante os celestes. A eliminatoria pechouse cun claro 5-0. Esta tarde anotaron Guidetti e Drazic.   Mellor posta en escena do Cádiz, que combinou ben e … Continuación