Madinda será celeste ata 2018 e xogará cedido no Nástic

  O centrocampista Levy Madinda será celeste até o ano 2018 tras selarse a súa ampliación de contrato co RC Celta. O canteirán xogará o que resta de tempada cedido no Nástic de Tarragona da Segunda División española tras o acordo alcanzado polas partes.   O RC Celta deséxalle un gran éxito durante a súa … Continuación

Gran partido do Celta, empate sen goles e todo pendente para a volta

  Excelente partido do Celta na ida dos cuartos de final da Copa do Rei, que acabou cun empate sen goles insuficiente para os méritos celestes. Os célticos dominaron, levaron o peso do choque e xeraron un gran fútbol. Na segunda metade debutou o francés Beauvue. A eliminatoria decidirase a semana próxima no Calderón.   … Continuación

O partido ante Las Palmas trasládase ao domingo 31 de xaneiro

  A LFP traslada o partido Las Palmas-Celta do sábado ao domingo 31 de xaneiro. O choque, correspondente á xornada 22 de Primeira División, comezará ás 18:15h no Estadio Gran Canaria.

A volta de Copa ante o Atlético xógase o mércores ás 20:30

  O partido de volta dos cuartos de final de Copa do Rei entre Atlético de Madrid e RC Celta disputarase o mércores 27 de xaneiro ás 20:30h no Vicente Calderón. O encontro será retransmitido en aberto por TVE.

O Celta cae de maneira clara en Vallecas

  O Celta caeu de maneira clara en Vallecas tras encaixar tres tantos, dous deles a balón parado, na primeira metade. Os celestes, con moitos non habituais no once, non acabaron de entrar no partido ante un rival moi necesitado de puntos.   O Raio topouse coa madeira na súa primeira chegade. Bebé rematou ao … Continuación

Getafe-Celta: sábado 27 de febreiro ás 18:15

  O encontro da xornada 26 ante o Getafe CF xógase o sábado 27 de febreiro ás 18:15h no Coliseum Alfonso Pérez. Canal+ Liga retransmitirá o partido.

Jonny, centenario en Primeira con só 21 anos

  O canteirán celeste e xogador do primeiro equipo Jonny Castro (Vigo, 1994) sumou o pasado sábado ante o Rayo Vallecano o seu partido número cen en Primeira División. O defensor chega á centena de choques na máxima categoría do fútbol español con tan só 21 anos, converténdose no futbolista céltico máis novo en conseguilo … Continuación

#RCCVAPorEles | O equipo lévase a Madrid o ánimo e a enerxía do celtismo. Unha vez máis: grazas afección!

  O RC Celta partiu esta tarde cara a Madrid para disputar mañá un apaixonante partido de volta dos cuartos de final da Copa do Rei ante o Atlético. E non se foi só. Leva o alento, o agarimo, o apoio e a inmensa enerxía do celtismo, unha vez máis espectacular. O club quere expresar … Continuación

Un Celta enorme, armado coa ilusión do celtismo, supera ao Atlético e alcanza a semifinal

  O Celta consumou a xesta. O equipo vigués, armado coa ilusión do celtismo, alcanzou a décima semifinal de Copa da súa historia tras superar con claridade ao Atlético de Madrid no Calderón nun partido moi duro e intenso. Os celestes, espléndidos, foron superiores e dobregaron aos locais con dous tantos de Pablo Hernández e … Continuación

O Sevilla FC, rival do Celta nas semis de Copa

  O Sevilla FC é o rival do RC Celta nas semifinais da Copa do Rei. O sorteo, celebrado esta mañá na Ciudad Deportiva de Las Rozas, emparellou ao cadro andaluz cos celestes e ao FC Barcelona coa Valencia CF. A ida da eliminatoria disputarase o mércores 3 de febreiro no Sánchez Pizjuán e a … Continuación