O Celta, con todo en contra, cae nas Palmas

   

Yelko Pino xogará no Queens Park Rangers

  O centrocampista Yelko Pino xogará no Queens Park Rangers Football Club, da Championship, conxunto co que asinou un contrato de seis meses. O Real Club Celta resérvase a opción de recuperar ao xogador unha vez conclúa a súa estancia no equipo inglés. 

O RC Celta recurrirá as sancións a Orellana e Hugo Mallo

  O Comité de Competición da Federación Española de Fútbol acordou hoxe sancionar con tres partidos de suspensión a Fabián Orellana, un por dobre amonestación e dous en aplicación do código disciplinario, e cun a Hugo Mallo por acumulación de cartóns. O Real Club Celta presentará recurso ante o Comité de Apelación pola amonestación que … Continuación

Noite aciaga do Celta en Sevilla (4-0)

 

A volta das semis de Copa xógase o xoves ás 20:30

  O partido de volta das semifinais da Copa do Rei entre RC Celta e Sevilla FC xógase o xoves 11 de febreiro ás 20:30h no Estadio de Balaídos. TVE retransmite o partido en aberto. 

O primeiro equipo estrea o novo céspede de Balaídos

  O Celta adestrou esta mañá por última vez antes do partido de Liga ante o Sevilla FC (domingo, 18:15h, Balaídos), unha sesión que se realizou no estadio vigués. Os xogadores e técnicos do primeiro equipo tiveron a súa primeira toma de contacto co novo céspede, un tapete cuxa instalación finalizou a principios de semana … Continuación

O Celta remonta e suma un punto tras un gran monólogo ofensivo (1-1)

  O Celta volveu encaixar ao final da primeira metade nun saque de esquina e, ante un rival en inferioridade e moi metido atrás, empuxou con decisión en busca da remontada. Beauvue empatou e os celestes tentárono con ganas, nun monólogo ofensivo que non tivo o premio merecido.   Gran respecto no arranque do partido, … Continuación

Real Madrid-Celta: sábado 5 de marzo ás 16h

  A LFP confirmou os horarios da xornada 28 de Primeira División. O Celta xoga contra o Real Madrid no Santiago Bernabéu o sábado 5 de marzo ás 16:00 horas.

Beauvue, no once ideal da Liga

  Claudio Beauvue, autor do gol do empate ante o Sevilla o pasado domingo, forma parte do once ideal de LaLiga Fantasy da xornada 23.   

O Celta e a súa afección despídense da Copa coa cabeza alta

  Os momentos, os detalles, as pequenas cousas que decantan un partido, unha eliminatoria, aliñáronse en contra dun Celta que, esporeado por unha afección magnífica, entusiasta, tentouno sen desmaio até o final. Os celestes, que realizaron un espléndido partido, acabaron empatando a dous goles, con tantos de Iago Aspas, pero non puideron achegarse a unha … Continuación