Roncaglia preséntase este venres ás 13:00 en Balaídos

  Os afeccionados poderán presenciar desde a bancada a rolda de prensa do xogador cos medios e a primeira sesión fotográfica do defensa vestindo o equipamento celeste, ademais de coñecerlle en persoa e conseguir balóns asinados (acceso pola porta 18).

O Celta chega a Uruguai para medirse a Deportivo e Nacional

  O RC Celta xa está en Uruguai. Os celestes realizaron este martes o primeiro adestramento en terras uruguaias, no Estadio Gran Parque Central do Club Nacional, e atopáronse cos xogadores e técnicos do RC Deportivo, con quen conversaron amenamente ofrecendo unha imaxe de deportividade e bo ambiente.   Este xoves terá lugar o primeiro … Continuación

Galicia, España e Uruguai, unidas grazas a LaLiga World

  A xira de LaLiga World segue levantando paixóns en Uruguai. A embaixada española no país charrúa acolleu unha cerimonia de irmandamento que agrupou a varios altos cargos do catro equipos participantes. RC Celta de Vigo, RC Deportivo da Coruña, Club Nacional de Football e Club Atlético Peñarol estiveron presentes nun acto que serviu como … Continuación

O Celta gaña o primeiro derbi galego xogado en ultramar

  Celta e Deportivo enfrontáronse este xoves nun derbi histórico, celebrado por primeira vez noutro país: Uruguai. O clásico galego celebrouse no Estadio Gran Parque Central, campo do Nacional uruguaio, no marco do proxecto LaLigaWorld da LFP e coa colaboración da Federación Galega de Fútbol.   O choque destacou pola solidez defensiva de ambos os … Continuación

Roncaglia: “Estou moi contento e espero estar á altura do Celta”

  O RC Celta presentou este venres en Balaídos ao seu terceiro reforzo para a tempada 2016/17, o internacional arxentino Facundo Roncaglia. O defensa vestiu por primeira vez o equipamento celeste ante centos de celtistas que acudiron ao estadio vigués para darlle a benvida: "Estou moi contento de chegar aquí e espero estar á altura … Continuación

Un Celta de menos a máis despídese de Uruguai cunha derrota

  O Celta caeu derrotado no seu último partido de pretemporada en Uruguai disputado ante Nacional no Estadio Gran Parque Central. Dous descoidos defensivos do cadro celeste no primeiro tempo desembocaron nos dous tantos da vitoria para o cadro local, obra de Sebastián Fernández e Leandro Barcia. No segundo tempo os de Berizzo melloraron e … Continuación

Entradas a 5€ para o Celta-Valladolid en Melgaço

  Celta e Valladolid mídense este xoves ás 19:00 (hora local) no Centro de Estágios de Melgaço, unhas instalacións dabondo coñecidas polos celestes xa que o equipo vigués realizou a pretempada neste enclave durante varias tempadas. A tan só 1 hora en coche desde Vigo, o partido en Melgaço preséntase como unha gran oportunidade para … Continuación

O centrocampista Álex López, cedido ao Real Valladolid

  O centrocampista celeste Álex López xogará a tempada 2016/2017 no Real Valladolid, onde chega cedido cunha opción de compra obrigatoria en caso de ascenso do conxunto valisoletano a Primeira Division. Neste caso, o Real Club Celta disporá tamén dunha posibilidade de recompra cunha ampliación de contrato de tres tempadas.   O RC Celta deséxalle a … Continuación

O Celta remonta ao Valladolid e leva o Trofeo Municipio de Melgaço

  O Celta sobrepúxose aos problemas da primeira parte, na que o Valladolid se adiantou cun temperán tanto, e dominou por completo o segundos corenta e cinco minutos do Trofeo Municipio de Melgaço. Un gran gol de Bongonda e un centro de Señé que terminou en propia dos valisoletanos deron o merecido triunfo aos celestes. … Continuación

O Celta inicia unha xira de pretempada por Italia con vintesete xogadores

  O Celta porase en marcha este domingo para viaxar a Italia, onde continuará o traballo de pretempada e afrontará varios partidos amigables ante rivais de entidade, o primeiro deles mañá mesmo ante a Fiorentina ás 21:00 horas en Florencia.   A expedición celeste fórmana vintesete xogadores: Sergio, Rubén, Hugo Mallo, Lemos, Cabral, Roncaglia, Costas, … Continuación