Sisto preséntase este venres ás 20:30 en Balaídos

  Balaídos acollerá este venres ás 20:30 horas a presentación do até agora última fichaxe do Celta para a nova tempada: Pione Sisto. O internacional danés, que estes días traballa co resto do equipo en Italia, vivirá a súa posta de longo como futbolista celeste no estadio vigués e ante o celtismo. O club anima … Continuación

O Celta gaña o Trofeo Tim, peche da súa xira en Italia

  O Celta selou con brillantez unha participación histórica no Trofeo Tim ao ser o primeiro equipo non italiano invitado a este prestixioso trofeo. Os celestes empataron no primeiro choque ante o Milan e derrotaron no segundo ao Suassolo e lograron alzarse co Trofeo.   Empate sen goles ante o Milan   No primeiro partido … Continuación

Pione Sisto: “Estou vivindo un soño”

  O internacional danés Pione Sisto foi presentado esta tarde no estadio de Balaídos ante a afección celeste, que acudiu en gran número para dar a benvida ao atacante do RC Celta. Sisto, quen foi presentado polo vicepresidente Ricardo Barros, destacou que elixir ao Celta foi “fácil” polo xogo alegre que practica o equipo vigués … Continuación

Pablo Hernández renova co RC Celta e será celeste ata 2020

  O Real Club Celta continúa fortalecendo o seu proxecto deportivo cunha nova e ilusionante renovación. O internacional chileno Pablo 'Tucu' Hernández, recente campión da Copa América Centenario, selou a súa continuidade co club vigués até o ano 2020. O centrocampista chegou a Vigo na tempada 2014/2015. Desde entón experimentou unha extraordinaria progresión até converterse … Continuación

22 xogadores viaxan hoxe a Alemaña para medirse ao Eintracht

  O Celta volve viaxar este fin de semana. Tras finalizar a xira por Italia e realizar dúas sesións de adestramento na Madroa, os celestes desprázanse este sábado pola tarde a Alemaña para xogar mañá contra o Eintracht en Frankfurt (15:00, Commerzbank-Area) con motivo da Frankfurt Main Finance Cup 2016. Eduardo Berizzo confeccionou unha lista … Continuación

Hugo Mallo, Sergio, Cabral e Iago Aspas son os capitáns do Celta 16/17

  O primeiro equipo xa elexiu aos seus capitáns para a tempada 2016/17. O canteirán Hugo Mallo repite xefatura, seguido de Sergio Álvarez, Gustavo Cabral e Iago Aspas, única novidade na lista de capitáns respecto da pasada campaña.

LIGA | O Celta recibe ao Sporting o mércores 21 de setembro ás 21:00

  LaLiga anunciou este luns os horarios da xornada 5 do campionato. O RC Celta recibirá ao Real Sporting o mércores 21 de setembro ás 21:00 horas no Estadio de Balaídos. O encontro será retransmitido en directo por beIN Sports LaLiga.

LIGA | O Celta cae ante o Leganés no seu debut na tempada

  O Leganés, debutante na máxima categoría, sumou en Balaídos unha vitoria histórica nun partido aberto, de gran ritmo e con polémica. Os celestes desaproveitaron as súas oportunidades e encaixaron, xa na segunda metade, nun saque de esquina.   Boa primeira metade do Celta, coa intermitencia lóxica das datas, pero con xogadas brillantes que non … Continuación

Roncaglia e Sisto debutaron co Celta en partido oficial

  Dous das fichaxes do Celta para a nova tempada, o defensa Facundo Roncaglia e o atacante Pione Sisto, debutaron en partido oficial co club vigués este luns en Balaídos. Ambos os xogadores foron titulares no primeiro partido de LaLiga ante o Leganés. O internacional arxentino completou os 90 minutos de xogo, mentres que o … Continuación

O equipo estrea a camiseta de quecemento Adidas

  O pasado luns, antes do partido contra o Leganés en Balaídos, os futbolistas do RC Celta estrearon unha nova peza da marca Adidas. Trátase dunha vistosa camiseta de tons azuis que a marca alemá ha deseñado pensando no seu uso durante o quecemento dos xogadores os días de partido. Este novo produto oficial xa … Continuación