Marcelo Díaz no once ideal da UEFA Europa League

  A web oficial da UEFA seleccionou ao centrocampista celeste Marcelo Díaz como un dos mellores xogadores da semana na Europa League. O internacional chileno foi titular no extraordinario triunfo do Celta ante o Panathinaikos e completou o partido até o asubío final.

LIGA | O Celta doblega ao Barcelona nunha exhibición de entrega e coraxe

  Outra noite para o recordo en Balaídos. Ante un dos mellores equipos do mundo, o FC Barcelona, o RC Celta ofreceu unha exhibición de desgaste físico, entrega e fe que tiveron recompensa. Os de Vigo chegaron ao descanso cunha renda de tres goles a cero. Na segunda parte o Barça reaccionou e rozou o … Continuación

Radoja debutará coa absoluta de Serbia

  O Celta conta cun internacional máis de última hora. O centrocampista celeste Nemanja Radoja recibiu este luns a chamada de Serbia para concentrarse coa selección absoluta de cara aos próximos partidos ante Moldavia e Austria, ambos os clasificatorios para o Mundial. Esta é a primeira vez que o xogador céltico entra nunha lista de … Continuación

LIGA | El Celta recibe ao Valencia o domingo 6 de novembro

  LaLiga anunciou os horarios da xornada 11 de Primeira División. O RC Celta recibe ao Valencia CF en Balaídos o domingo 6 de novembro ás 16:15 horas. O encontro será retransmitido en directo por beIN Sports LaLiga.

Iago Aspas no once ideal da Liga

  Unha xornada máis o RC Celta está presente no once ideal de LaLiga. O dianteiro Iago Aspas, autor dun tanto na vitoria ante o FC Barcelona, foi seleccionado como un dos mellores da sétima xornada de Primeira División.   O de Moaña comparte aliñación de LaLiga Fantasy, xogo oficial de LaLiga, xunto a Diego … Continuación

AMIGABLE | RC Ferrol-RC Celta: lista de convocados

  O RC Celta xoga este mércores 5 de outubro ás 20.15 horas un partido de preparación ante o Racing de Ferrol, conxunto que milita no grupo primeiro de Segunda División B. O adestrador celeste Eduardo Berizzo convocou a 18 futbolistas para este encontro.   A lista de convocados está composta por Sergio, Lemos, Costas, … Continuación

AMISTOSO | Un doblete de Señé e un tanto de Adri dan o triunfo ao Celta na Malata

  Un Celta cheo de canteiráns do filial enfrontouse na tarde deste mércores ao Racing Club Ferrol na Malata. Josep Señé foi o xogador máis destacado do encontro, tanto polo seu xogo como polos dous tantos que anotou antes do descanso. Na segunda parte Adri Castellano, lateral do Celta B, redondeou o triunfo celeste co … Continuación

O primeiro equipo regresará aos adestramentos o próximo luns

  Tras a vitoria no partido de onte ante o Rácing de Ferrol, o equipo adestrouse esta mañá na que será a última sesión da semana. O primeiro persoal descansará mañá venres e regresará aos adestramentos o vindeiro luns pola tarde.

Pablo Hernández, lesionado con Chile, será baixa entre dúas e tres semanas

  O centrocampista do RC Celta Pablo Hernández sufriu unha lesión muscular coa Selección de Chile, coa que permanece concentrado desde o pasado luns. O céltico presenta unha rotura fibrilar no adductor longo dereito, lesión confirmada polas probas realizadas polos galenos do combinado nacional chileno. Unha vez examinadas as imaxes, o xefe dos servizos médicos … Continuación

Resumen de resultados dos internacionais celestes

  Roncaglia (Arxentina) Perú-Arxentina | 2-2 | Non xogou | CLASIF. MUNDIAL Arxentina-Paraguai | 11.10.16 | Córdoba | CLASIF. MUNDIAL   Guidetti (Suecia) Luxemburgo-Suecia | 0-1 | Titular (71 minutos) | CLASIF. MUNDIAL Suecia-Bulgaria | 10.10.16 | Solna | CLASIF. MUNDIAL   Pablo Hdez* e Marcelo Díaz (Chile) Ecuador-Chile | 3-0 | Titulares (Hernández 90', Díaz 50') | CLASIF. … Continuación