Real Club Celta Vs Ajax: o rival

 

RC Celta – AFC Ajax: loita polo liderado

Coa mente posta en lograr o tres puntos e alcanzar a primeira posición do grupo, o Celta recibe hoxe (19:00h) en Balaídos ao Ajax, un histórico do fútbol europeo que chega a Vigo tras gañar os seus dous primeiros partidos na fase de grupos da UEFA Europa League contra o Panathinaikos (1-2) e o Standard … Continuación

UEL | O Celta empata ante o Ajax e continúa invicto en Europa

Celta e Ajax protagonizaron un partido eléctrico na terceira xornada da UEFA Europa League. Os holandeses adiantáronse até en dúas ocasións, pero os celestes, superiores, replicaron os goles rivais con dianas de fermosa factura, obra de Fontàs e Orellana, este último cando o partido achegábase ao seu fin.   Balaídos gozou dun primeiro tempo trepidante. … Continuación

LIGA | O Celta coróase rei de Galicia cunha goleada para o recordo

  O Celta recuperou o cetro do fútbol galego cunha goleada inesquecible na que o capitán Hugo Mallo, Orellana e Iago Aspas por partida dobre, puxeron os goles. Dominio vigués, que se sobrepuxo ao tanto do empate do Deportivo e levou o derbi de Galicia cun gran 4-1. O canteirán Iago Aspas estreouse como goleador … Continuación

José Naranjo e Berizzo, protagonistas nos Premios de LaLiga

  O centrocampista celeste José Naranjo foi un dos protagonistas da gala dos Premios de LaLiga, celebrada este luns no Palacio de Congresos de Valencia. O xogador onubense coroouse como Xogador Revelación da Segunda División 2015/16, un merecido recoñecemento á espectacular tempada que asinou co Nástic de Tarragona. En 36 encontros co club granate, o … Continuación

LIGA | O Granada visita Balaídos o 27 de novembro ás 18:30

  LaLiga anunciou os horarios da xornada 13 do campionato. O RC Celta recibe ao Granada CF o domingo 27 de novembro ás 18:30 horas en Balaídos. O encontro será retransmitido en directo por beIN Sports LaLiga.  

Iago Aspas e Orellana no 11 Ideal de LaLiga

  O gran partido asinado polos xogadores do Celta no derbi galego non pasou desapercibido. Dous futbolistas celestes, Iago Aspas e Orellana, forman parte do 11 Ideal da Xornada 9 de LaLiga Fantasy, o xogo oficial de LaLiga que cada semana elixe os mellores xogadores de Primeira División mediante un sistema de puntos.

Capitán de longo recorrido: Hugo Mallo, celeste ata 2021

  O RC Celta asegura a continuidade dun dos grandes referentes da canteira, dun dos alicerces do primeiro equipo. O capitán celeste Hugo Mallo continuará vinculado ao club cinco tempadas, até o ano 2021, tras a renovación asinada na sede do club co presidente Carlos Mouriño.   Hugo Mallo (Marín, 22 de xuño de 1991), … Continuación

Orellana, no equipo da semana de EA Sports

  O bo rendemento ofrecido por Fabián Orellana no derbi galego non pasou despercibido para EA Sports, que incluíu ao xogador chileno no equipo da semana do videoxogo FIFA17. Orellana, autor dunha asistencia e un gol ante o Deportivo, recibiu un trofeo conmemorativo, unha camiseta, un cartón con 12.000 'FIFA points' para gastar no modo … Continuación

Inxusto e cruel empate do Celta nas Palmas

O Celta asinou unha primeira metade primorosa, en presión e finalización, que lle permitiu ir ao descanso cunha vantaxe de tres goles. Na segunda metade, un penalti e a expulsión de Sergi Gómez cambiaron o choque e empuxaron ás Palmas cara ao empate. Os vigueses, con dez, fóronse arriba con orgullo en busca da vitoria, … Continuación