FICHAXE | O RC Celta enriquece a súa proposta con calidade e definición: Jozabed Sánchez

  A media punta Jozabed Sánchez xogará cedido no RC Celta até fina de tempada, segundo o acordo alcanzado co Fulham inglés que establece ademais unha opción de compra para o conxunto celeste. O centrocampista ofensivo andaluz, un mediapunta que se desenvolve con solvencia en diferentes posicións da medular e o ataque, chamado a reforzar a … Continuación

COPA | O Real Madrid, rival do Celta nos 1/4 de Copa do Rei

  O sorteo de Copa do Rei celebrado este venres en Las Rozas emparellou ao Real Madrid co RC Celta na eliminatoria de cuartos de final do torneo. A falta de que se confirmen as datas e horarios definitivos, a ida disputarase o mércores 18 de xaneiro no Bernabéu e a volta o mércores 25 … Continuación

Jozabed: “Veño a un dos mellores equipos da Liga”

  Jozabed Sánchez, novo xogador do RC Celta, presentouse este venres no estadio de Balaídos ante medios de comunicación e afeccionados. O centrocampista estivo acompañado polo conselleiro Antonio Rosendo, quen deu a benvida ao futbolista en nome da institución, e o director deportivo Felipe Miñambres: "Esperamos que nos achegue todo o que demostrou na súa … Continuación

LIGA | O partido ante a Real Sociedad trasládase ao domingo

  O partido de LaLiga ante a Real Sociedad, que se ía a disputar o luns 23 de xaneiro, trasládase ao día anterior, domingo 22, ás 18:30 horas. Esta modificación débese ao partido de Copa do Rei que o Celta xoga o mércores 25 en Balaídos ante o Real Madrid.

COPA | Confirmados os horarios para a eliminatoria ante o Real Madrid

  Xa se coñecen os horarios para os dous choques copeiros de cuartos de final ante o Real Madrid. O Bernabéu acollerá o partido de ida o mércores 18 de xaneiro ás 21:15 horas e Balaídos o de volta o mércores 25 á mesma hora.  

David Costas xogará cedido no Real Oviedo

  David Costas, defensa central do primeiro equipo, xogará cedido no Real Oviedo ata o final da presente tempada. O futbolista celeste xogou esta campaña tres partidos có RC Celta, un en cada competición: Liga, Copa e Europa League.   O club desexa a Costas o maior dos éxitos có Real Oviedo.

LIGA | O Celta dobrega sobre a bucina a un sólido Alavés (1-0)

  O Celta enfrontouse a un Alavés moi serio, sólido e ordenado que disputou o partido de ti a ti aos de Berizzo. Aínda que as mellores oportunidades pasaron polas botas dos celestes, hoxe imprecisos, o cadro vasco buscou o gol sen descanso até o asubío final.   O segundo tempo arrincou cunha inmellorable ocasión … Continuación

Radoja, xogador Estrella Galicia do mes de Decembro para a afección celtista

 

LIGA | Confirmado o horario do Celta-Osasuna da xornada 23

  LaLiga confirmou os horarios da xornada 23 de Primeira División. O RC Celta recibe ao CA Osasuna en Balaídos o domingo 19 de febreiro ás 18:30. beIN LaLiga retransmitirá o partido en directo.  

COPA | Un Celta espléndido toma vantaxe nos cuartos de Copa no Bernabéu (1-2)

  O Celta, ambicioso, atrevido e fiel a si mesmo, logrou unha magnífica vitoria no Bernabéu no partido de ida dos cuartos de final da Copa do Rei. Os goles chegaron na segunda metade coas canteiráns Aspas e Jonny como anotadores.   O Celta, fiel a si mesmo, con máximo respecto á súa identidade, arrincou … Continuación