Lista de convocados para os partidos que se disputarán no Algarve

O RC Celta viaxa este domingo ata o Algarve para continuar co seu traballo de pretemporada. En Portugal os celestes terán a oportunidade de enfrontarse ao Al-Nassr FC (17/07; 21:30 CEST) e ao SL Benfica (21/07; 21:30 CEST) no Troféu do Algarve 2023. A lista de convocados para estes partidos fórmana: Agustín Marchesín, Óscar Mingueza, … Continuación

Manu Sánchez e Gabri Veiga, subcampións de Europa con España sub-21

Os célticos Manu Sánchez e Gabri Veiga proclamáronse subcampións do Europeo sub-21 despois de que a Selección Española caese pola mínima (1-0) ante Inglaterra na final disputada no Batumi Area (Xeorxia). Previamente, España sub-21 superara a Romanía (0-3), Croacia (1-0) e Ucraína (2-2) en fase de grupos e a Suíza (2-2) e novamente Ucraína (5-1) … Continuación

Galicia, tradición e o noso novo himno: o primeiro equipamento para o Centenario chega cargado de historia e sentimento

O RC Celta presenta a súa camiseta máis innovadora e rupturista, pero sen esquecerse dos seus valores e tradicións no primeiro equipamento para esta nova tempada. Nun ano tan especial para todo o club, Galicia cobra especial importancia nesta peza, co uso destacado da bandeira de todos no peito, reforzando a unión entre o RC … Continuación

Estrela Galicia, Abanca e Adidas, compromiso e apoio no himno do Centenario do RC Celta

C. Tangana presentou ao público ‘Oliveira dous Cen Anos’, himno oficial do RC Celta neste ilusionante ano de Centenario. Unha obra mestra que reflicte a identidade e cultura galega da man dun dos artistas máis aplaudido a nivel internacional. Un proxecto único do que Estrela Galicia, Abanca e Adidas tiveron un papel crave. Como membros da … Continuación

O RC Celta medirase ao Olympique de Lyon o vindeiro sábado 29 de xullo no ‘Trofeo Quinocho Especial Centenario’

O ‘Trofeo Memorial Quinocho’ dentro desta especial tempada de Centenario xa ten rival e data. O RC Celta medirase ao Olympique de Lyon o vindeiro sábado 29 de xullo ás 20:00 horas en Abanca Balaídos nun torneo sempre especial e emotivo para o celtismo. O equipo de Rafa Benítez xogará ante un club histórico, fundado … Continuación

O RC Celta e Pumas acordan o traspaso de Gabriel ‘Toro’ Fernández

O RC Celta chegou a un acordo para traspasar a Gabriel ‘Toro’ Fernández ao Pumas. O dianteiro uruguaio comprométese co equipo mexicano tras chegar ao conxunto vigués na tempada 2019/20. ‘Toro’, que estivo cedido no Real Zaragoza e posteriormente no FC Juárez, disputou un total de 22 partidos coa camiseta do RC Celta. Neles marcou … Continuación

Rafa Benítez únese ao RC Celta como novo adestrador para a tempada histórica do Centenario

A Sede RC Celta acolleu a presentación oficial de Rafa Benítez como novo adestrador do RC Celta. O técnico madrileño, recoñecido pola súa ampla experiencia e exitosa traxectoria, chega ao club co obxectivo de liderar ao equipo na emocionante tempada do Centenario. Benítez achegará o seu enfoque na estabilidade, equilibrio e desenvolvemento do talento, marcando … Continuación

Arrinca a ilusionante etapa de Rafa Benítez no RC Celta: presentación en directo e primeiro adestramento vespertino

Rafa Benítez colle este luns os mandos do RC Celta nesta ilusionante tempada 23/24 de Centenario celeste. O avalado adestrador presentará -en directo nas nosas canles dixitais- un proxecto de polo menos tres anos este luns (13:30h no Salón Rexio da Sede). Posteriormente terá a primeira toma de contacto cos futbolistas dispoñibles neste arranque de … Continuación

O atacante Orbelín Pineda inicia unha nova etapa no AEK de Atenas

O RC Celta e o AEK de Atenas pecharon hoxe o traspaso ao conxunto grego do atacante mexicano Orbelín Pineda, quen xa disputou a última tempada no cadro heleno en condición de cedido. O dianteiro pecha desta maneira a súa etapa no equipo celeste, ao que se incorporou en xaneiro de 2022 tras finalizar o … Continuación

RC Celta e Atlético de Madrid pechan un acordo para o traspaso de Javi Galán

Javi Galán deixa o RC Celta tras dúas tempadas de éxito como celeste nas que  disputou 79 partidos durante estes cun gran rendemento. O RC Celta e o Atlético de Madrid chegaron hoxe a un acordo para pechar o traspaso. Galán chegou a Vigo na tempada 2021/22 procedente do SD Huesca, equipo co que fixo … Continuación