Empate con sabor a pouco en Abanca Balaídos | Celta 1-1 Girona

O Celta repartiu os puntos co Girona tras volver empatar en Abanca Balaídos (1-1), nun partido intenso, con ritmo e moitas ocasións. Un penalti no tempo engadido sobre Javi Rueda permitiulle a Borja Iglesias rescatar un empate para os vigueses. O equipo de Claudio Giráldez mereceu máis, pero a falta de puntería e un Gazzaniga … Continuación

Convocatoria do Celta para o partido ante o Girona FC

O Celta recibirá mañá, domingo 14 de setembro ás 14:00 horas, ao Girona FC. Para esta cuarta xornada de Laliga EA Sports, que se disputará en Abanca Balaídos, Claudio Giráldez convocou a 24 dos seus xogadores. A lista de convocados formarana Iván Villar (1), Radu (13), Marc Vidal (25), Carl Starfelt (2), Óscar Mingueza (3), Sergio … Continuación

Borja Iglesias: “A miña intención era estar onde son feliz”

Borja Iglesias ofreceu este xoves a súa primeira rolda de prensa tras asinar co Celta ata o 2028. No salón regio de A Sede, o atacante galego mostrouse contento por regresar ao club da súa vida, "afronto esta nova etapa con orgullo e responsabilidade". Acompañado polo director de Fútbol do Celta, Marco Garcés; e polo … Continuación

Os dorsais do Celta para a tempada 25/26

Unha vez finalizado o mercado de fichaxes e co plantel do Celta pechado, esta é a lista de dorsais do primeiro equipo para a tempada 2025/26: 1. Iván Villar 2. Carl Starfelt 3. Óscar Mingueza 4. Joseph Aidoo 5. Sergio Carreira 6. Ilaix Moriba 7. Borja Iglesias 8. Fran Beltrán 9. Ferran Jutglà 10. Iago … Continuación

Miguel Román: “É un orgullo porque toda a miña familia é celeste”

Miguel Román ofreceu unha rolda de prensa tras oficializarse a súa renovación co Celta ata 2028. Acompañado por Marco Garcés, director de Fútbol do club, o mediocentro fala do especial que está a ser esta tempada para el xa que "é o soño feito realidade dun neno que gozaba os partidos do Celta desde a … Continuación

Estes son os xogadores do Celta rexistrados para disputar a fase de grupos da Europa League

O Celta xa realizou as pertinentes inscricións dos xogadores que disputarán a fase de grupos da Europa League que o conxunto celeste arrincará o próximo 25 de setembro ás 21:00h. ante o VfB Stutttgart no MhP Area. Os xogadores que están en dinámica do primeiro equipo, seguindo a normativa da UEFA, foron divididos en dous … Continuación

Un gran Celta empata sobre a bucina tras dominar ao Villarreal (1-1)

O Celta sumou o seu terceiro empate consecutivo da tempada, pero está vez sufrindo a chamada inxustiza do fútbol xa que os de Claudio Giráldez mostráronse moi superiores ante un Villarreal que quedou sen opcións en Abanca Balaídos. Con nove xogadores con pasado no Celta Fortuna plantábase o conxunto celeste sobre o terreo de xogo … Continuación

Descubre o calendario completo do Celta para a UEFA Europa League

O Celta xa coñece o calendario completo dos primeiros rivais aos que se enfrontará na Europa League. Esta mesma tarde, a UEFA deu a coñecer as datas dos partidos desta fase da competición. Tras anunciar o pasado venres aos seus opoñentes; Lille, Dinamo Zagreb, PAOK, Estrella Roja, OGC Niza, Ludogorets, Bolonia e Stuttgart; o Celta … Continuación

Convocatoria do Celta para o partido ante o Villarreal CF

O Celta recibirá mañá, domingo 31 de agosto ás 17:00 horas, ao Villarreal CF. Para esta terceira xornada de Laliga EA Sports, que se disputará en Abanca Balaídos, Claudio Giráldez convocou a 25 dos seus xogadores. A lista de convocados formarana Iván Villar (1), Radu (13), Marc Vidal (25), Óscar Mingueza (3), Sergio Carreira (5), Ilaix … Continuación

Coñece os rivais do Celta para a UEFA Europa League 25/26!

Oito anos despois, o celtismo volve emocionarse coa música das grandes noites de fútbol, coas viaxes, con ese cosquilleo que só Europa sabe provocar. O que o pasado 24 de maio parecía un soño, esta mañá fíxose realidade no sorteo celebrado no Grimaldi Forum de Mónaco, ao dar a coñecer o nome dos 8 rivais … Continuación